Saltar navegación

Versión Orixinal

Detrás da canción

“O Rodaballo” é unha canción do folclore popular galego, popularmente coñecida e interpretada ao longo século XX.

Non constan datos da súa composición, polo que se considera unha melodía popular e anónima de tradición oral, tanto na transmisión da música coma da letra.


Dende a década de 1970 a canción aparece nos repertorios de agrupacións vocais como a Coral de Ruada ou o Orfeón A Nosa Terra.

A primeira en gravar esta popular canción foi a cantante María Manuela no seu disco de 1975 “Cantigas ao meu xeito” onde recollía cancións populares ao estilo da época con arranxos moi orquestrais.
Trinta e oito anos despois, o músico Xurxo Valera (fillo da cantante) arranxou a canción cunha harmonización menos complexa e máis adaptada ao sentido popular da melodía.


O grupo de folk e música tradicional galega Xocaloma (fundado en Carballo en 1975 e disolto no 1994) tamén interpretou e gravou a famosa canción. Foi un conxunto eminentemente vocal que no 1978 gravaron o seu primeiro disco “Terra”, ao que seguiu “Soio un soño” no 1979. Participaron en diversos festivais, como o Intercéltico de Lorient ou o do Mundo Celta de Ortigueira. Algunhas das súas pezas máis coñecidas son versións de cancións populares galegas como esta de "O Rodaballo", "A saia da Carolina" ou "Lela", así como temas propios como "Soio foi un soño".


A letra de “O Rodaballo” está repleta de imprecisións xeográficas e de personaxes. Sobra dicir que por razóns obvias na Pobra do Caramiñal non dá moito gusto escoitar a canción tal e como a cantamos hoxe... Tales erros na letra é debido á transmisión oral da melodía, que fai o efecto do xogo infantil “o teléfono roto”.

A versión popular da composición musical está transcrita en compás de 3/4 e na tonalidade de Fa Maior.
Cóntase a historia inverosímil e simpática do roubo dun peixe ao longo de 4 Estrofas cantadas e conectadas a través dun Retrouso.

Extracto e tradución da Wikipedia , No Bico un Cantar e Outros Contos Imposibles