Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- ”Catro Vellos Mariñeiros” é unha canción que acadou gran popularidade...

Respostas

na segunda metade do século XVIII.

na segunda metade do século XIX.

na segunda metade do século XX.

Retroalimentación

Pregunta

2.- A súa composición atribúeselle a...

Respostas

o grupo musical “Treixadura”.

o escritor e músico aficionado José Travieso Quelle.

o grupo musical “A Roda”.

Retroalimentación

Pregunta

3.- O lugar onde se compuxo a canción sitúase...

Respostas

nun conservatorio de música chamado “O Sete Velo” situado na rúa “A Raíña” en Santiago de Compostela.

nun faladoiro de amigos que se reunían a diario na taberna “O Sete Velo” situada na rúa “A Raíña” en Santiago de Compostela.

nun faladoiro de amigos que se reunían a diario na taberna “O Sete Velo” situada na rúa “O Rei” en Viveiro.

Retroalimentación

Pregunta

4.- A letra da canción está inspirada...

Respostas

nos labores mariñeiros dos pescadores de Viveiro (no norte de Lugo), o pobo natal do compositor.

nos labores mariñeiros dos pescadores de Vigo (no sur de Pontevedra), o pobo natal do compositor.

nos labores labregos dos labregos de Viveiro (no norte de Lugo), o pobo natal do compositor.

Retroalimentación

Pregunta

5.- Algunhas agrupacións musicais que popularizaron a canción foron:

Respostas

“A Roda” e “Treixadura”.

“A Roda” e “Melendi”.

“Estopa” e “Treixadura”.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás da canción é:

Respostas

compás binario, 2/4.

compás ternario 3/4.

compás cuaternario 4/4.

Retroalimentación

Pregunta

7.- Na nosa versión, a melodía da voz no retrouso da canción desdóbrase en..

Respostas

un dúo.

un trío.

un cuarteto.

Retroalimentación

Pregunta

8.- O ámbito (intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda) da melodía na voz principal é:

Respostas

de DO a DO’ (8ª).

de RE a FA’ (10ª).

de DO a FA’ (11ª).

Retroalimentación

Pregunta

9.- A canción soe interpretarse na tonalidade de La Maior, pero a nosa versión está escrita en...

Respostas

FA menor, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (Fm).

Sol menor, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (G).

Sol Maior, 1 sostido na armadura (Fa#) e último acorde da canción (G).

Retroalimentación

Pregunta

10.- Para que instrumentación está feita a nosa versión?

Respostas

Voz, carillón, frauta, piano, ukelele, guitarra, baixo e batería.

Voz, frauta, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo e batería.

Voz, carillón, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo e batería.

Retroalimentación