Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- “Pousa, Pousa” é unha muiñeira nova tradicional que acadou gran popularidade...

Respostas

ao ser interpretada polo grupo de música tradicional galega “Luar na Lubre” na segunda metade do século XIX.

ao ser interpretada polo grupo de música tradicional galega “A Roda” na segunda metade do século XX.

ao ser interpretada polo grupo de música tradicional vasca “A Roda” na segunda metade do século XIX.

Retroalimentación

Pregunta

2.- A muiñeira é un baile e unha composición musical tradicional galega no que...

Respostas

o baile é executado por unha ou varias parellas soltas e como xénero musical distínguese polo seu compás de 6/8, rápido e alegre, e adoita ser interpretada con gaitas ou pandeiretas.

o baile é executado por unha bailarina e como xénero musical distínguese polo seu compás de 4/4, andante e tranquilo, e adoita ser interpretada con gaitas ou pandeiretas.

o baile é executado por un bailarín e como xénero musical distínguese polo seu compás de 3/4, lento e maxestuoso, e adoita ser interpretada con gaitas ou pandeiretas.

Retroalimentación

Pregunta

3.- Consérvanse dous tipos principais de muiñeira:

Respostas

muiñeira antiga (ou empurrada) e a muiñeira contemporánea (ou salteada).

muiñeira clásica (ou empuxada) e a muiñeira popular (ou punteada).

muiñeira vella (ou empuñada) e a muiñeira nova (ou punteada).

Retroalimentación

Pregunta

4.- A orixe da muiñeira nova é discutida, pero comunmente afírmase que...

Respostas

nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo. As mulleres que traballaban alí tiñan que esperar algún tempo a que o millo estivese a punto, e para pasar o tempo bailaban.

nos muíños onde se moían o liño e máis o café. As mulleres que traballaban alí tiñan que esperar algún tempo a que o café estivese a punto, e para pasar o tempo bailaban.

nos ríos onde se lavaba a roupa. As mulleres que traballaban alí tiñan que esperar algún tempo a que escorrese a roupa, e para pasar o tempo bailaban.

Retroalimentación

Pregunta

5.- No ritmo da muiñeira nova...

Respostas

acentúase a quinta semicorchea das dez que compoñen o ritmo base.

acentúase a primeira corchea das tres que compoñen o ritmo base.

acentúase a cuarta negra das oito que compoñen o ritmo base.

Retroalimentación

Pregunta

6.- Como baile, a muiñeira nova segue o esquema coreográfico tradicional no que...

Respostas

un grupo de parellas de homes e mulleres bailan facendo coreografías baseadas en táboas ou rodas.

un bailarín baila facendo coreografías baseadas en cadrados.

unha bailarina baila facendo coreografías baseadas en saltos.

Retroalimentación

Pregunta

7.- Na muiñeira nova...

Respostas

a estrutura poética, composta de verso e frase, reflíctese na danza en xeito de retrouso e salto.

a estrutura coreográfica, composta de salto e paso, reflíctese na estrutura musical en xeito de Ponte e Coda.

a estrutura musical, composta de estrofa e retrouso, reflíctese na danza en xeito de punto e paseo.

Retroalimentación

Pregunta

8.- No noso arranxo musical, o ámbito (intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda) da melodía na voz 1 é:

Respostas

de DO a DO’ (8ª)

de DO a FA’ (11ª)

de MI a FA#’ (9ª)

Retroalimentación

Pregunta

9.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

Mi menor, 1 sostido na armadura (Fa#) e último acorde da canción (Em).

Do Maior, ningunha alteración e último acorde da canción (C).

Sol Maior, 1 sostido na armadura (Fa#) e último acorde da canción (G).

Retroalimentación

Pregunta

10.- Para que instrumentación está feita a nosa versión?

Respostas

voz 1, voz 2, carillón, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo, pandeireta e pandeiro.

voz, frauta, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo e batería.

frauta, gaita, xilófono, piano, guitarra, baixo, e batería.

Retroalimentación