Saltar navegación

Audio e Letra

Escoitando a canción

Na Beira do Mar

Canción Popular Galega


Retrouso:

Na beira, na beira, na beira do mar

hai unha lanchiña pra ir a navegar

pra ir a navegar, pra ir a navegar

Na beira, na beira, na beira do mar.


Estrofa:

Ollos verdes son traidores, 

Ollos verdes son traidores,

azules son mentireiros,

os negros e acastañados

son firmes e verdadeiros.

Os negros e acastañados

son firmes e verdadeiros.

Retrouso:

Na beira, na beira, na beira do mar

hai unha lanchiña pra ir a navegar

pra ir a navegar, pra ir a navegar

Na beira, na beira, na beira do mar.

Estrofa:

Cinco sentidos che temos, 

Cinco sentidos che temos, 

os cinco necesitamos

pero os cinco perdemos

cando nos namoramos.

Pero os cinco perdemos

cando nos namoramos.

Retrouso:

Na beira, na beira, na beira do mar

hai unha lanchiña pra ir a navegar

pra ir a navegar, pra ir a navegar

Na beira, na beira, na beira do mar.

Estrofa:

Hoxe vinte pola ría

Hoxe vinte pola ría

cuns zoquiños de madeira,

ías tan remangadiña

ó pasar pola ribeira.

Ías tan remangadiña

ó pasar pola ribeira.

Retrouso:
Na beira, na beira, na beira do mar

hai unha lanchiña pra ir a navegar

pra ir a navegar, pra ir a navegar

Na beira, na beira, na beira do mar.