Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- Segundo os datos sobre a composición de “Na Beira do Mar” a canción clasificámola como:

Respostas

melodía culta e de autoría coñecida de tradición escrita, tanto na transmisión da música coma da letra.

melodía popular e anónima de tradición oral, tanto na transmisión da música coma da letra.

melodía culta e clásica de tradición escrita, tanto na transmisión da música coma da letra.

Retroalimentación

Pregunta

2.- Pode considerarse a versión máis famosa da canción a da cantante:

Respostas

María Ostiz, posto que chegou a ser número un na lista dos 40 Principais a semana do 14 de novembro de 1970.

Ana Kiro, posto que chegou a ser número un na lista dos 40 Principais a semana do 14 de novembro de 1930.

María Regaliz, posto que chegou a ser número un na lista dos 40 Principais a semana do 14 de novembro de 2021.

Retroalimentación

Pregunta

3.- A cantante galega Ana Kiro tamén interpretou esta famosa melodía, e é considerada...

Respostas

unha artista clásica dos espectáculos de Broadway por ofrecer centos de concertos ao longo da súa dilatada traxectoria profesional.

unha artista clásica das orquestras filharmónicas de toda Europa por ofrecer centos de concertos ao longo da súa dilatada traxectoria profesional.

unha artista clásica das romarías e as verbenas de todo o país por ofrecer centos de concertos ao longo da súa dilatada traxectoria profesional.

Retroalimentación

Pregunta

4.- A letra da canción soe variar segundo a zona onde se interprete. Así...

Respostas

o retrouso é sempre fixo e as estrofas tratan temas independentes coma a confianza nas persoas segundo a cor dos seus ollos ou a perda do sentido cando nos namoramos.

o retrouso sempre varía e as estrofas tratan temas dependentes coma a cor dos ollos ou a perda dun ser querido.

o retrouso é sempre variable e as estrofas tratan temas fixos coma a morriña e a saudade.

Retroalimentación

Pregunta

5.- De melodía e letra pegadizas, “Na Beira do Mar” pode considerarse

Respostas

unha das cancións imprescindibles da música escolar europea, non hai escola na que non soe espontaneamente esta cantiga.

unha das cancións imprescindibles da música culta galega, non hai auditorio na que non soe esta cantiga.

unha das cancións imprescindibles da música popular galega, non hai festa e xuntanza de amizades na que non soe espontaneamente esta cantiga.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás da canción é:

Respostas

Compás ternario, 3/4.

Compás binario, 2/4.

Compás cuaternario, 4/4.

Retroalimentación

Pregunta

7.- O ámbito (intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda) da melodía na voz 1 no noso arranxo musical é:

Respostas

de MI a SI (5ª).

de DO a FA’ (11ª).

de DO a DO’ (8ª).

Retroalimentación

Pregunta

8.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

SOL Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (G).

DO Maior, ningunha alteración na armadura e último acorde da canción (C).

FA menor, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (Fm).

Retroalimentación

Pregunta

9.- O Retrouso Final da nosa versión ten unha característica especial na súa dinámica:

Respostas

ten un accelerando (aumento progresivo da velocidade ou tempo).

ten un ritardando (diminución progresiva da velocidade ou tempo).

ten un crescendo (aumento progresivo da intensidade).

Retroalimentación

Pregunta

10.- Cantas estrofas diferentes ten a letra na nosa versión?

Respostas

ten 2 estrofas diferentes: Ollos verdes son traidores / Cinco sentidos che temos.

ten 3 estrofas diferentes: Ollos verdes son traidores / Na beira do Mar / Si vas ao San Benitiño.

ten 3 estrofas diferentes: Ollos verdes son traidores / Cinco sentidos che temos / Hoxe vinte pola ría.

Retroalimentación