Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- “Que ten o Mozo?” é unha composición musical de...

Respostas

Rosalía de Castro con letra de Eduardo Pondal.

Prudencio Piñeiro con letra de Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro con letra de Curros Enríquez.

Retroalimentación

Pregunta

2.- Quen foi Prudencio Piñeiro y Latierro?

Respostas

un compositor do Renacemento que compuxo pezas musicais para voz con acompañamento de piano. Moitas das súas obras consisten na musicalización de novelas. 

un compositor do Romanticismo que compuxo pezas musicais para voz con acompañamento de piano. Moitas das súas obras consisten na musicalización de poemas.

un compositor do Barroco que compuxo pezas musicais para voz con acompañamento de violín. Moitas das súas obras consisten na musicalización de poemas.

Retroalimentación

Pregunta

3.- Quen foi Rosalía de Castro?

Respostas

unha compositora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura do teatro moderna e unha das máis altas do teatro español, e a principal responsable do Rexurdimento Galego do século XVIII.

unha compositora galega, considerada a máis ilustre figura da música moderna e unha das máis altas da música española, e a principal responsable do Rexurdimento Galego do século XX.

unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española, e a principal responsable do Rexurdimento Galego do século XIX.

Retroalimentación

Pregunta

4.- Por que se decidiu celebrar o Día das Letras Galegas o 17 de maio?

Respostas

co gallo de ser a data da terceira edición da súa obra Cantares Gallegos en 1963.

co gallo de ser a data da primeira edición da súa obra Cantares Gallegos en 1863.

co gallo de ser a data da primeira edición da súa obra “Que ten o Mozo?” en 1843.

Retroalimentación

Pregunta

5.- Onde aparece publicado o poema “Que ten o Mozo?”.

Respostas

na primeira edición de Cantares Gallegos, en 1822.

na segunda edición de Cantares Gallegos, en 1872.

na terceira edición de Cantares Gallegos, en 1892.

Retroalimentación

Pregunta

6.- Como clasificamos o poema “Que ten o Mozo?” dentro da clasificación dos poemas de Cantares Gallegos?

Respostas

poema costumista.

poesía cívico-social.

poema amoroso.

Retroalimentación

Pregunta

7.- Que características ten a melodía da musicalización de Prudencio Piñeiro?

Respostas

melodía alegre, saltarica, fresca, de carácter galego tradicional e con contrastes.

melodía triste, melancólica, de carácter galego tradicional e sen contrastes.

melodía tranquila, pausada, de carácter galego tradicional e monótona.

Retroalimentación

Pregunta

8.- Como é o tempo e o ritmo da musicalización de Prudencio Piñeiro?

Respostas

tempo andante e ritmo ternario que combina o 3/4 coa subdivisión ternaria do 9/8 (moi característica da música e baile tradicional vascos).

tempo adagio e ritmo cuaternario que combina o 4/4 coa subdivisión ternaria do 12/8 (moi característica da música e baile tradicional andaluces).

tempo allegro e ritmo binario que combina o 2/4 coa subdivisión ternaria do 6/8 (moi característica da música e baile tradicional galegos).

Retroalimentación

Pregunta

9.- Como é a harmonización da musicalización de Prudencio Piñeiro?

Respostas

harmonización complexa no piano, único instrumento acompañante na peza musical.

harmonización simple no violín, único instrumento acompañante na peza musical.

harmonización complexa no contrabaixo, único instrumento acompañante na peza musical.

Retroalimentación

Pregunta

10.- Para que instrumentación está feita a nosa versión?

Respostas

carillón, frauta, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo, pandeireta e batería.

voz, carillón, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo e batería.

voz, frauta, melódica, piano, ukelele, guitarra, baixo, pandeireta e batería.

Retroalimentación