Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- “Miña Nai, Miña Naiciña” é un arranxo musical creado para A Nosa Partiteka a partir dunha melodía e texto populares galegos recollidos da tradición oral no...

Respostas

Cancioneiro Galego de Jesús Bal y Gay e Eduardo M. Torner.

Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro.

Cancioneiro Español de Eduardo López.

Retroalimentación

Pregunta

2.- A música de tradición oral galega foi coñecida e difundida principalmente a través de...

Respostas

A administración e nos centros comerciais.

a escola e nas cidades.

a familia e no rural.

Retroalimentación

Pregunta

3.- A música de tradición oral galega considérase...

Respostas

 un repertorio culto, con cambios escritos, cunha interpretación académica, renovándose e sempre evolucionando.

un repertorio vivo, con cambios continuos, cunha interpretación constante, renovándose e sempre evolucionando.

un repertorio finalizado, sen cambios, con interpretación interrompida e de escasa evolución.

Retroalimentación

Pregunta

4.- A música de tradición oral adáptase...

Respostas

ás circunstancias literarias do momento e enriquécese con novos patróns teatrais.

ás ensinanzas nos conservatorios e permanece inalterable ao longo das xeracións.

ás circunstancias culturais do momento e enriquécese con novas sonoridades, ritmos ou melodías.

Retroalimentación

Pregunta

5.- Na actualidade existen moitos factores que están interrompendo a transmisión de cantigas e melodías da nosa tradición polo que...

Respostas

 debemos facer un esforzo por escoitalas, interpretalas, rexistralas e mesmo versionalas para que permanezan e enriquezan as nosas vidas.

debemos esquecelas e centrarnos nas músicas comerciais.

debemos centrarnos exclusivamente na música culta.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás do noso arranxo musical é:

Respostas

compás binario 2/4.

compás ternario 3/4.

compás cuaternario 4/4.

Retroalimentación

Pregunta

7.- A estrutura do noso arranxo é:

Respostas

INTRO – ESTROFA 1 - ESTROFA 2 – RETROUSO – PONTE – CODA.

INTRO – ESTROFA 1 – RETROUSO – ESTROFA – CODA.

INTRO – ESTROFA 1 - ESTROFA 2 – RETROUSO – PONTE – ESTROFA 3 – RETROUSO – CODA.

Retroalimentación

Pregunta

8.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

LA menor, ningunha alteración na armadura e último acorde da canción (Am).

SOL Maior, 1 sostido na armadura (Fa#) e último acorde da canción (G).

SOL menor, 2 bemois na armadura (Sib, Mib) e último acorde da canción (Gm).

Retroalimentación

Pregunta

9.- A CODA do noso arranxo ten unha característica especial na súa dinámica:

Respostas

ten un crescendo (aumento progresivo da intensidade).

ten un rallentando (diminución progresiva da velocidade ou tempo).

ten un accelerando (aumento progresivo da velocidade ou tempo).

Retroalimentación

Pregunta

10.- Para que instrumentación está feita a nosa versión?

Respostas

carillón, frauta, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo, pandeireta e batería.

voz, carillón, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo, pandeiro e batería.

voz, frauta, melódica, piano, ukelele, guitarra, baixo, pandeireta e batería.

Retroalimentación