Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- “Soedades” é un arranxo musical creado para A Nosa Partiteka a partir de dúas melodías tradicionais recollidas no...

Respostas

Cancioneiro Musical de Canarias (Museo de Tenerife e Fundación Barrié de la Maza).

Cancioneiro Musical de Galicia (Museo de Pontevedra e Fundación Barrié de la Maza).

Cancioneiro Musical de Europa (Museo de París e Fundación Barrié de la Maza).

Retroalimentación

Pregunta

2.- O Cancioneiro Musical de Galicia foi reunido por...

Respostas

o investigador do folclore galego e musicólogo Casto Sampedro e Folgar entre o 1848 e o 1924.

o investigador do folclore galego e musicólogo Xosé Filgueira Valverde entre o 1648 e o 1724.

o director do Museo de Pontevedra Casto Filgueira e Folgar entre o 1748 e o 1824.

Retroalimentación

Pregunta

3.- O Cancioneiro Musical de Galicia divídese en 3 partes:

Respostas

foliadas, muiñadas e varias

festas, romarías e varias

cantos, bailes e varias.

Retroalimentación

Pregunta

4.- Entre os cantos profanos recollidos no Cancioneiro Musical de Galicia aparecen:

Respostas

alalás, muiñeiras con letra, cantos de pandeiro, cantos de berce, aradas, espadeladas, cantos de arrieiros, seitura, regueifa, maios, cantares de cego, romances...

festas, romarías, foliadas, muiñadas e varias.

preludios, muiñeiras, ribeirás, golpes, carballesas, redondas, chouteira, xota e fandango), danzas e farsas (de espadas, damas e cabaleiros, palillos, cintas)...

Retroalimentación

Pregunta

5.- Entre os bailes recollidos no Cancioneiro Musical de Galicia aparecen:

Respostas

festas, romarías, foliadas, muiñadas e varias.

alalás, muiñeiras con letra, cantos de pandeiro, cantos de berce, aradas, espadeladas, cantos de arrieiros, seitura, regueifa, maios, cantares de cego, romances...

preludios, muiñeiras, ribeirás, golpes, carballesas, redondas, chouteira, xota e fandango), danzas e farsas (de espadas, damas e cabaleiros, palillos, cintas...

Retroalimentación

Pregunta

6.- As dúas melodías que compoñen “Soedades” son:

Respostas

a muiñeira con letra número 33 e a ribeirá número 332.

a pandeirada número 34 e a foliada número 35.

a chouteira con letra número 43 e a espadela número 432.

Retroalimentación

Pregunta

7.- Unha ribeirá ou ”ribeirana” é unha “muiñeira vella”, a modalidade máis antiga de muiñeira. Caracterízase polo seu...

Respostas

acompañamento musical con pandeiros, motivo polo que tamén recibe o nome de muiñeira pandeira, distinguido así o seu toque do xeito máis moderno de tocar, a muiñeira co puño.

acompañamento musical sempre con canto e pandeiretas tocadas co puño, motivo polo que tamén recibe o nome de muiñeira empuñada, distinguido así o seu toque do xeito máis moderno de tocar, a muiñeira riscada.

acompañamento musical sempre con pandeiretas tocadas do xeito máis moderno, como a muiñeira riscada.

Retroalimentación

Pregunta

8.- O compás do noso arranxo é:

Respostas

compás binario de subdivisión ternaria 6/8.

compás ternario de subdivisión ternaria 9/8.

compás cuaternario de subdivisión ternaria 12/8.

Retroalimentación

Pregunta

9.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

SOL Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (G).

DO Maior, ningunha alteración na armadura e último acorde da canción (C).

FA menor, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (Fm).

Retroalimentación

Pregunta

10.- O patrón rítmico que segue a pandeireta durante toda a peza musical é:

Respostas

branca con puntiño-redonda-corchea.

negra con puntiño-branca-corchea.

corchea con puntiño-semicorchea-corchea.

Retroalimentación