Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- “O Pandeiro e Mailas Cunchas” é un arranxo musical creado para A Nosa Partiteka a partir de dúas melodías tradicionais recollidas no...

Respostas

Cancioneiro Musical de Canarias (Museo de Tenerife e Fundación Barrié de la Maza).

Cancioneiro Musical de Galicia (Museo de Pontevedra e Fundación Barrié de la Maza).

Cancioneiro Musical de Europa (Museo de París e Fundación Barrié de la Maza).

Retroalimentación

Pregunta

2.- O Cancioneiro Musical de Galicia foi reunido polo...

Respostas

investigador do folclore galego e musicólogo Casto Sampedro e Folgar entre o 1848 e o 1924.

investigador do folclore galego e musicólogo Xosé Filgueira Valverde entre o 1648 e o 1724.

director do Museo de Pontevedra Casto Filgueira e Folgar entre o 1748 e o 1824.

Retroalimentación

Pregunta

3.- A importancia do Cancioneiro Musical de Galicia radica na...

Respostas

boa conservación das imaxes e a descrición que fai das pinturas tendo en conta que a recolleita e compilación son de finais do século XVII e os escasos medios cos que contaban para este fin.

 boa conservación da música e a descrición que fai das danzas tendo en conta que a recolleita e compilación son de finais do século XIX e os escasos medios cos que contaban para este fin.

gran publicidade que se lle fixo ao cancioneiro na televisión tendo en conta que a recolleita e compilación son de finais do século XX.w

Retroalimentación

Pregunta

4.- Entre as características máis importantes do Cancioneiro Musical de Galicia destacan:

Respostas

a súa orixinalidade, que abarca todos os xéneros populares, o gran número de melodías recollidas, que foron utilizadas en grandes obras sinfónicas e como fonte de información de posteriores estudios musicolóxicos.

o seu deseño moderno, que abarca todos os xéneros de música culta, o gran número de guións recollidos, que foron utilizados en grandes películas e como fonte de información de posteriores estudios audiovisuais.

a súa orixinalidade, que abarca todos os xéneros teatrais, o gran número de poesías recollidas, que foron utilizadas en grandes obras teatrais e como fonte de información de posteriores estudios dramáticos.

Retroalimentación

Pregunta

5.- As dúas melodías que compoñen “O Pandeiro e Mailas Cunchas” son:

Respostas

o romance número 4 e o canto de cego número 26.

a foliada número 10 e o canto de arrieiro número 752.

a muiñeira número 320 e o canto de pandeiro número 52.

Retroalimentación

Pregunta

6.- A primeira melodía do noso arranxo trátase dun baile recollido en Negros, Redondela. As súas características musicais son:

Respostas

ten o ritmo característico da muiñeira, compás binario de subdivisión ternaria 6/8 e tempo alegre e bailable.

ten o ritmo característico da alborada, compás cuaternario de subdivisión ternaria 12/8 e tempo solemne e lento.

ten o ritmo característico do pasacorredoiras, compás binario 2/4 e tempo de marcha e andante.

Retroalimentación

Pregunta

7.- A segunda melodía do noso arranxo trátase dun canto recollido no Ribeiro, Ourense. As súas características musicais son:

Respostas

o seu ritmo combina o cuaternario (4/4) e o binario (2/8) cun tempo tranquilo e pausado ao ritmo dos bongos.

o seu ritmo combina o binario (2/4) e o ternario (3/4) cun tempo alegre e bailable ao ritmo do pandeiro.

o seu ritmo é cuaternario (4/4) cun tempo andante ao ritmo da pandeireta.

Retroalimentación

Pregunta

8.- Que tipo de instrumentos son o Pandeiro e mailas Cunchas?

Respostas

instrumentos de percusión de altura indeterminada utilizados na música tradicional galega.

instrumentos de percusión de altura determinada utilizados na música tradicional asiática.

instrumentos de percusión de altura determinada utilizados na música clásica.

Retroalimentación

Pregunta

9.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

SOL Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (G).

FA menor, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (Fm).

DO Maior, ningunha alteración na armadura e último acorde da canción (C).

Retroalimentación

Pregunta

10.- Cantas estrofas diferentes ten a letra na nosa versión?

Respostas

ten 3 estrofas diferentes: O pandeiro mailas cunchas / O teu refaixo meniña / Se queres que vaia e veña.

ten 2 estrofas diferentes: O pandeiro mailas cunchas / Cinco sentidos che temos / hoxe vinte pola ría.

ten 3 estrofas diferentes: O pandeiro mailas cunchas / Na beira do Mar / O voso galo comadre.

Retroalimentación