Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- “Ven bailar Carmiña / Maruxiña” é un arranxo musical creado para A Nosa Partiteka a partir de dúas melodías tradicionais recollidas no...

Respostas

Cancioneiro Español de Eduardo López.

Cancioneiro Galego de Jesús Bal y Gay e Eduardo M. Torner.

Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro.

Retroalimentación

Pregunta

2.- O Cancioneiro Galego foi un proxecto de recollida de melodías populares galegas que...

Respostas

Jesús Bal y Gay e Eduardo M. Torner emprenderon entre os anos 1928-1936.

Casto Sampedro e Eduardo M. Torner emprenderon entre os anos 1920-1930.

Jesús Bal y Gay e Casto Sampedro emprenderon entre os anos 1920-1930.

Retroalimentación

Pregunta

3.- A característica principal do Cancioneiro Galego é...

Respostas

o traballo de datación e harmonización de cen melodías do folclore de Galicia, na súa maior parte inéditas, escritas tanto en galego como en castelán.

o traballo de investigación e recompilación de mil melodías do folclore de Galicia, na súa maior parte inéditas, escritas tanto en galego como en castelán e "castrapo".

o traballo de corrección e perfeccionamento de dezmil melodías do folclore de Galicia, na súa maior parte inéditas, escritas tanto en "castrapo".

Retroalimentación

Pregunta

4.- A importancia do Cancioneiro Galego radica en que...

Respostas

rescata do esquecemento moitas pezas musicais antigas, ofrecéndonos a posibilidade de coñecelas e dar continuidade á súa transmisión xeración tras xeración.

rescata do moitas pezas teatrais clásicas, ofrecéndonos a posibilidade de coñecelas e dar continuidade á súa transmisión xeración tras xeración.

rescata do esquecemento moitas pezas audiovisuais antigas, ofrecéndonos a posibilidade de coñecelas e dar continuidade á súa transmisión xeración tras xeración.

Retroalimentación

Pregunta

5.- As dúas melodías que compoñen Ven bailar Carmiña / Maruxiña” son:

Respostas

“Ven bailar Carmiña”, melodía número 008 e “Maruxiña meu amor”, melodía número 44.

“Ven bailar Carmiña”, melodía número 268 e “E pra que non digan” (Maruxiña), melodía número 441.

“Ven bailar Carmiña”, melodía número 400 e “O Meu amor” (Maruxiña), melodía número 001.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás da primeira melodía (Ven bailar Carmiña) do noso arranxo é:

Respostas

combina o compás binario 2/4 cun compás ternario 3/4. Tempo andante e bailable.

compás binario con subdivisión ternaria 2/8. Tempo lento.

compás ternario con subdivisión ternaria 3/8. Tempo presto.

Retroalimentación

Pregunta

7.- O compás da segunda melodía (Maruxiña) do noso arranxo é:

Respostas

compás ternario con subdivisión ternaria 3/8. Tempo presto.

compás binario con subdivisión ternaria 2/8. Tempo lento.

compás ternario 3/4. Tempo andante e bailable.

Retroalimentación

Pregunta

8.- A tonalidade ou tonalidades da primeira melodía (Ven bailar Carmiña) do noso arranxo é:

Respostas

tonalidade de La Maior en toda a melodía (3 sostidos na armadura e último acorde A).

combina a tonalidade de Do Maior nas Estrofas (ningunha alteración na armadura e último acorde da Estrofa C) e a de Do menor no Retrouso (3 bemois na armadura e último acorde do Retrouso Cm).

combina a tonalidade de Mi Maior nas Estrofas (4 sostidos na armadura e último acorde da Estrofa E) e a de Mi menor no Retrouso (5 bemois na armadura e último acorde do Retrouso Em).

Retroalimentación

Pregunta

9.- A tonalidade principal da segunda melodía (Maruxiña) do noso arranxo é:

Respostas

SOL Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (G).

DO Maior, ningunha alteración na armadura e último acorde da canción (C).

FA menor, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (Fm).

Retroalimentación

Pregunta

10.- A segunda melodía do noso arranxo (Maruxiña) aparece clasificada en “diálogos e enchoiadas”. Unha “enchoiada” é:

Respostas

diálogo poético-musical que sosteñen un mozo e unha moza, que cantan alternativamente coplas improvisadas para probar o seu enxeño.

baile entre un mozo e unha moza, que saltan alternativamente con pasos improvisados para probar o seu enxeño.

loita que sosteñen un mozo e unha moza, que lanzan alternativamente paus para probar a súa forza.

Retroalimentación