Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- Segundo os datos sobre a composición de “O Rodaballo” a canción clasificámola como:

Respostas

melodía popular e anónima de tradición oral, tanto na transmisión da música coma da letra.

melodía culta e clásica de tradición escrita, tanto na transmisión da música coma da letra.

melodía culta e de autoría coñecida de tradición escrita, tanto na transmisión da música coma da letra.

Retroalimentación

Pregunta

2.- A primeira gravación desta popular canción foi de:

Respostas

o Orfeón A Nosa Terra no seu disco de 1975 “Cantigas populares”.

o grupo Xocaloma no seu disco de 1960 “Soio un soño”.

a cantante María Manuela no seu disco de 1975 “Cantigas ao meu xeito”.

Retroalimentación

Pregunta

3.- O músico Xurxo Varela fixo un arranxo da canción caracterizado por...

Respostas

a melodía máis melismática e adaptada ao sentido popular da harmonía.

a harmonización menos complexa e máis adaptada ao sentido popular da melodía.

o ritmo complexo e máis adaptado ao sentido culto da melodía.

Retroalimentación

Pregunta

4.- O grupo Xocaloma interpretou e gravou a famosa canción dentro do estilo musical de os caracteriza que é...

Respostas

reggae e música culta galega.

folk e música tradicional galega.

folk e música tradicional española.

Retroalimentación

Pregunta

5.- A letra de “O Rodaballo” está repleta de imprecisións xeográficas e de personaxes. Isto é debido a...

Respostas

a transmisión oral da melodía, que fai o efecto do xogo infantil “o teléfono roto”.

a transmisión escrita da melodía, que fai o efecto do xogo infantil “o teléfono roto”.

a transmisión oral da harmonía, que fai o efecto do xogo infantil “o teléfono roto”.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás da nosa versión é:

Respostas

Compás cuaternario, 4/4.

Compás ternario, 3/4.

Compás binario, 2/4.

Retroalimentación

Pregunta

7.- Na nosa versión hai partes na que melodía da voz desdóbrase en...

Respostas

un dúo.

un cuarteto.

un quinteto.

Retroalimentación

Pregunta

8.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

SOL Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (G).

DO Maior, ningunha alteración na armadura e último acorde da canción (C).

FA Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (Fm).

Retroalimentación

Pregunta

9.- Para que instrumentación está feita a nosa versión?

Respostas

Voz, carillón, xilófono, piano, ukelele, guitarra, baixo e batería.

Voz, frauta, xilófono, piano, guitarra, baixo e batería.

Voz, frauta, xilófono, piano, ukelele, baixo e batería.

Retroalimentación

Pregunta

10.- Cantas estrofas diferentes ten a letra na nosa versión?

Respostas

ten 3 estrofas diferentes: Nunha lancha de Marín / Cinco sentidos che temos / Aquí se acaba a historia.

ten 4 estrofas diferentes: Nunha lancha de Marín / O patrón que os mandaba / Fórono vender á lonxa / Aquí se acaba a historia.

ten 4 estrofas diferentes: Nunha lancha de Marín / Cinco sentidos che temos / Ollos verdes son traidores / Aquí se acaba a historia.

Retroalimentación