Saltar navegación

Versión Orixinal

Detrás da canción

Soedades é un arranxo musical creado para A Nosa Partiteka a partir de dúas melodías tradicionais recollidas no Cancioneiro Musical de Galicia (Museo de Pontevedra e Fundación Barrié de la Maza).

O Cancioneiro Musical de Galicia foi reunido polo investigador do folclore galego e musicólogo Casto Sampedro e Folgar entre o 1848 e o 1924.
Foi publicado en 1942 por Xosé Filgueira Valverde (director do Museo de Pontevedra), quen ordenou e transcribiu as fichas que deixara manuscritas Casto Sampedro.

O cancioneiro divídese en 3 partes:
- cantos: canto profano (alalás, muiñeiras con letra, cantos de pandeiro, cantos de berce, aradas, espadeladas, cantos de arrieiros, seitura, regueifa, maios, cantares de cego, romances...) e cantos relixiosos.
- bailes: bailes (preludios, muiñeiras, ribeirás, golpes, carballesas, redondas, chouteira, xota e fandango), danzas e farsas (de espadas, damas e cabaleiros, palillos, cintas...).
- varias: tocatas varias (alboradas, marchas de procesións, pasacorredoiras) e curiosidades.


O arranxo musical “Soedades” conta con dúas melodías extraídas do famoso cancioneiro:

- muiñeira con letra número 33, canto recollido en Ulla (Pontevedra).Patrón rítmico muiñeira

A súa letra trata sobre a saudade da aldea onde naceu e do amor que deixou ao ter que emigrar. Ten o ritmo característico da muiñeira, compás binario de subdivisión ternaria 6/8 e tempo alegre e bailable.
                                                                                                                                                                                                                                Patrón rítmico muiñeira
- ribeirá número 332, baile recollido en Pontevedra.
Unha ”ribeirana” é unha “muiñeira vella”, a modalidade máis antiga de muiñeira.
O acompañamento musical deste baile faise sempre con canto (coplas) e pandeiretas tocadas co puño, motivo polo que tamén recibe o nome de muiñeira empuñada, distinguido así o seu toque do xeito máis moderno de tocar, a muiñeira riscada.

Extracto e tradución da Wikipedia e Cancioneiro Musical de Galicia