MÚSICA 3º ESO
Section outline
-
As características do son


-
Podes utilizar este vídeo para comezar a recoñecer distintos instrumentos musicais.
-
Ëste é un enlace a un blog que ten xogos para practicar o nome das notas. No nivel 3 e 4 hai notas colocadas en liñas adicionais. Corresponde ao nivel que vimos na clase.
-
-
Cantiga de amigo. Martin Codax.
-
Cantiga de loor. Alfonso X o Sabio.
-
Adaptación para instrumentos de placa e pequena percusión.
-

-
Explicación e exercicios
-
Madrigal a catro voces.
-
Interpretación con instrumentos da época
-
Interpretación con voz, vihuela e arpa.
-
-
Concerto para violín de A. Vivaldi.Un concerto é unha obra para orquestra e solista dividida en tres movementos.
Na clase traballaremos so o primeiro movemento, pero no enlace que vos deixo tocan o concerto completo. É moi recomendable que o escoitedes completo e vos fixedes no contraste de velocidades que se produce entre os movementos: O segundo é sempre máis lento que o primeiro e o terceiro.
-
Unha das obras máis famosas de J.S. Bach.
E
ste compositor escribiu moitas pezas para instrumentos de tecla. Esta é para órgano. O órgano é un instrumento de vento.A vibración do ar nos tubos produce o son.
No Barroco, hai algúns tubos que non producen son, a súa función é decorativa.
-
Obra para instrumentos de corda e órgano.


-
Esta é unha obra para orquestra e coro mixto.Esta orquestra é grande para o que era habitual no Barroco.
O coro mixto está formado por sopranos, contraltos, tenores e baixos.
-
Escoitades un fragmento da ópera Orfeo de Monteverdi.No barroco nace a ópera, que é unha obra de teatro na que os personaxes en vez de falar cantan.
O Orfeo de Monteverdi é a primeira ópera que se conserva completa. Estreouse en Mantua en 1607 .
O fragmento que escoitades Orfeo celebra cos pastores que por fin se acaban os seus sufrimentos porque vai casar con Eurídice, da que levaba tempo namorado.
A temática das óperas barrocas é mitolóxica e esta é unha historia moi famosa da mitoloxía grega.
-

-
O primeiro movemento remata no minuto 12:54.
-
Nesta sinfonía Haydn xoga coas intesidades e... vaia sorpresa nos da!
Lembra que a sinfonía é unha obra para orquestra dividida en catro movementos
-
Haydn pasou á historia como o creador do cuarteto de corda. Este é un dos máis famosos, xa que nesta melodía está baseado o himno de Alemaña.

Lembrade que o cuarteto de corda está integrado por dous violíns, unha viola e un violonchelo.
-
A sonata é unha composición na que habitualmente se escoita un único instrumento, aínda que se hainas para dous e tres (sonata dúo e sonata trio). Nesta sonata escoitamos un piano.
Esta sonata ten tres movementos, estrturados como se faltase o primeiro, é dicir, o primeiro é un tema e variacións ( estrtutura habitual dos segundos movementos), o segundo é un minuetto, ( estrtutura habitual dos terceiros movementos) e o terceiro é un rondó ( estrtutura habitual dos cuartos movementos)
-
Parece ser que Boccherini escribiu este quinteto de corda para dous violíns, viola e dous violonchelos, aínda que se soe interpretar coa formación mais habitual dun quinteto de corda: dous violíns, viola, violonchelo e contrabaixo, como vemos neste vídeo.
-
Este aria pertence á ópera A frauta máxica, de W.A. Mozart.Un aria é unha parte da ópera na que canta un solista. As arias soen ser pezas virtuosísticas, é dicir, que requiren moita técnica e unha gran voz para ser interpretadas. Esta aria é unha das máis famosas e difíciles da historia da música, xa que a cantante ten que interpretar notas moi agudas.
-
Nesta sinxela actividade poderás afianzar os contidos do Clasicismo á vez que os relacionas con temas anteriores.
Deben realizala todos os alumnos e alumnas que suspenderon a segunda avaliación, aínda que se recomenda a todo o alumnado.
-

-
Este fragmento presenta aínda unha estrutura ternaria , propia dos primeiros movementos nas sinfonías do Clasicismo.
-
Este enlace recolle so a parte do cuarto movemento no que soa o himno da alegría. A inclusión deste himno na sinfonía reflicte a liberdade propia do Romanticismo, xa que escoitamos voces nunha forma instrumental.
-
Neste enlace o movemento está completo.
-
Peza curta para piano. Unha das máis interpretadas da historia da música. -
Neste enlace escóitase a sinfonía completa. Destaca a sección de vento, sobre todo o vento-madeira. -
Exemplo de música orquestral do século XIX: A orquestra é grande e ten moita importancia a sección de vento-metal. -
Peza virtuosística, curta, e de estrutura libre, como é habitual nas pezas para piano no XIX.
-
Esta é unha peza para piano moi virtuosística. Como era habitual nalgunhas obras do XIX, o autor inspírase na música tradicional do seu país para compoñer (nacionalisno musical), de aí o seu nome: polonesa.
-
Escoitamos un dúo de soprano e tenor con intervencións do coro.
-
Escrita para voz masculina aguda: tenor.Unha das arias máis famosas da historia da ópera.
-
Fragmento tamén coñecido con "Aria de Fígaro"
-
A parte máis coñecida da ópera A walkiria de Wagner
-
Este ballet podería considerarse o mais famoso da historia. Vemos neste fragmento uha coreografía moi complicada que fai que esta sexa uha danzas mais espectaculares desta obra. -
Actividade para repasar e reforzar os contidos do tema.
Resposta múltiple, resposta curta, verdadeiro ou falso...
-
Algunhas obras famosas do século XX