Orfeo, vi ricorda, o boschi ombrosi
Requisitos do completado
Escoitades un fragmento da ópera Orfeo de Monteverdi.
No barroco nace a ópera, que é unha obra de teatro na que os personaxes en vez de falar cantan.
O Orfeo de Monteverdi é a primeira ópera que se conserva completa. Estreouse en Mantua en 1607 .
O fragmento que escoitades Orfeo celebra cos pastores que por fin se acaban os seus sufrimentos porque vai casar con Eurídice, da que levaba tempo namorado.
A temática das óperas barrocas é mitolóxica e esta é unha historia moi famosa da mitoloxía grega.
Prema na ligazón Orfeo, vi ricorda, o boschi ombrosi para abrir o recurso.