Tema 4: O Barroco
Section outline
-
-
Concerto para violín de A. Vivaldi.Un concerto é unha obra para orquestra e solista dividida en tres movementos.
Na clase traballaremos so o primeiro movemento, pero no enlace que vos deixo tocan o concerto completo. É moi recomendable que o escoitedes completo e vos fixedes no contraste de velocidades que se produce entre os movementos: O segundo é sempre máis lento que o primeiro e o terceiro.
-
Unha das obras máis famosas de J.S. Bach.
E
ste compositor escribiu moitas pezas para instrumentos de tecla. Esta é para órgano. O órgano é un instrumento de vento.A vibración do ar nos tubos produce o son.
No Barroco, hai algúns tubos que non producen son, a súa función é decorativa.
-
Obra para instrumentos de corda e órgano.


-
Esta é unha obra para orquestra e coro mixto.Esta orquestra é grande para o que era habitual no Barroco.
O coro mixto está formado por sopranos, contraltos, tenores e baixos.
-
Escoitades un fragmento da ópera Orfeo de Monteverdi.No barroco nace a ópera, que é unha obra de teatro na que os personaxes en vez de falar cantan.
O Orfeo de Monteverdi é a primeira ópera que se conserva completa. Estreouse en Mantua en 1607 .
O fragmento que escoitades Orfeo celebra cos pastores que por fin se acaban os seus sufrimentos porque vai casar con Eurídice, da que levaba tempo namorado.
A temática das óperas barrocas é mitolóxica e esta é unha historia moi famosa da mitoloxía grega.