Section outline

  • Destacado


    • O primeiro movemento remata no minuto 12:54.

    • Nesta sinfonía Haydn xoga coas intesidades e... vaia sorpresa nos da!

      Lembra que a sinfonía é unha obra para orquestra dividida en catro movementos

    • Haydn pasou á historia como o creador do cuarteto de corda. Este é un dos máis famosos, xa que nesta melodía está baseado o himno de Alemaña.


      Lembrade que o cuarteto de corda está integrado por dous violíns, unha viola e un violonchelo.

    • A sonata é unha composición na que habitualmente se escoita un único instrumento, aínda que se hainas para dous e tres (sonata dúo e sonata trio). Nesta sonata escoitamos un piano.

      Esta sonata ten tres movementos, estrturados como se faltase o primeiro, é dicir, o primeiro é un tema e variacións ( estrtutura habitual dos segundos movementos), o segundo é un minuetto,  ( estrtutura habitual dos terceiros movementos) e o terceiro é un rondó  ( estrtutura habitual dos cuartos movementos)

    • Parece ser que Boccherini escribiu este quinteto de corda para dous violíns, viola e dous violonchelos, aínda que se soe interpretar coa formación mais habitual dun quinteto de corda: dous violíns, viola, violonchelo e contrabaixo, como vemos neste vídeo.

    • Este aria pertence á ópera A frauta máxica, de W.A. Mozart.

      Un aria é unha parte da ópera na que canta un solista. As arias soen ser pezas virtuosísticas, é dicir, que requiren moita técnica e unha gran voz para ser interpretadas. Esta aria é unha das máis famosas  e difíciles da historia da música, xa que a cantante ten que interpretar notas moi agudas.

    • Nesta sinxela actividade poderás afianzar os contidos do Clasicismo á vez que os relacionas con temas anteriores.

      Deben realizala todos os alumnos e alumnas que suspenderon a segunda avaliación, aínda que se recomenda a todo o alumnado.