• Inicio
  • O centro
    • Quen somos
    • Localización
    • Historia
    • Datos de contacto
    • Organigrama
    • Funcionamento
    • Horarios
    • Aula Virtual
    • Incidencias
    • Reserva Aulas
    • Plan de Autoprotección
  • Departamentos
    • Artes Plásticas
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Economía
    • Educación Física e Deportiva
    • Electricidade e electrónica
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Formación e Orientación Laboral
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Latín
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Lingua e Literatura Galega
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión Católica
    • Sanidade
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • Alumnado/Familias
    • ANPA Xocas
    • Xustificante de ausencias
    • Contacto Profesorado/Horario Atención Familias
    • Horarios grupos
    • Abalar Móbil
    • Proxecto E-Dixgal
    • Pon ti a música
    • Transporte Escolar
    • Libros de texto
  • Oferta Educativa
    • Biblioteca
    • Horarios Oferta Modular
    • Igualdade
    • Normalización Lingüística
    • Nutriescolas
    • Oferta Educativa
    • Probas Libres Formación Profesional
    • Radio FMS
    • Revista Paraquenaqueira
  • Secretaría/Trámites
    • Admisión ESO e Bacharelato
    • Admisión Formación Profesional
    • Reclamacións cualificacións
  • Programacións
  • Erasmus+
    • Escolar
    • Ciclos Medios
    • Ciclos Superiores
    • Etwinning
  • Citas Imaxe Persoal
  • Calendario
  • Xincana Localízate

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Quen somos
    • Localización
    • Historia
    • Datos de contacto
    • Organigrama
    • Funcionamento
    • Horarios
    • Aula Virtual
    • Incidencias
    • Reserva Aulas
    • Plan de Autoprotección
  • Departamentos
    • Artes Plásticas
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Economía
    • Educación Física e Deportiva
    • Electricidade e electrónica
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Formación e Orientación Laboral
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Latín
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Lingua e Literatura Galega
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión Católica
    • Sanidade
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • Alumnado/Familias
    • ANPA Xocas
    • Xustificante de ausencias
    • Contacto Profesorado/Horario Atención Familias
    • Horarios grupos
    • Abalar Móbil
    • Proxecto E-Dixgal
    • Pon ti a música
    • Transporte Escolar
    • Libros de texto
  • Oferta Educativa
    • Biblioteca
    • Horarios Oferta Modular
    • Igualdade
    • Normalización Lingüística
    • Nutriescolas
    • Oferta Educativa
    • Probas Libres Formación Profesional
    • Radio FMS
    • Revista Paraquenaqueira
  • Secretaría/Trámites
    • Admisión ESO e Bacharelato
    • Admisión Formación Profesional
    • Reclamacións cualificacións
  • Programacións
  • Erasmus+
    • Escolar
    • Ciclos Medios
    • Ciclos Superiores
    • Etwinning
  • Citas Imaxe Persoal
  • Calendario
  • Xincana Localízate

Miga de pan

  • Inicio
  • Biblioteca

Biblioteca

Contámoste como é o funcionamento da nosa Biblioteca.

  • Horario de apertura: De Luns a Venres de 9:20 a 13:10 horas e de 17:00 a 20:15 horas.
  • Busca na Biblioteca
  • Guía do Usuario
  • Sistema de Préstamo virtual
  • Normas de uso
  • Clube Bradomin
  • Blog Biblioteca

Como funciona

A nosa é unha biblioteca “aberta”, sen portas nin impedimentos para o acceso aos libros. Utiliza o programa de xestión informática Meiga e o sistema de organización de fondos é o do CDU. Ten cabida para 56 persoas sentadas. Conta cuns 140 metros cadrados e está aberta durante corenta e un períodos lectivos.

FONDOS:

  • 8.602 libros (informatizados ao 100%).
  • 476 DVD.
  • CDs musicais.
  • 14 xogos de mesa.

AUDIOVISUAIS / INFORMÁTICA:

Oito computadores en liña (seis deles para o alumnado). Un ordenador en mesa de audiovisuais. Dous ordenadores portátiles. Videocámara. Xadrez electrónico. Lapis de memoria.

OUTRAS CARACTERÍSTICAS:

  • Audiolibros e e-libros en cada computador.
  • Sección de libros antigos.
  • Expositores repartidos por corredores e hall de entrada.
  • Bibliotecas de aula: dicionarios das catro linguas en cada unha.
  • Prensa diaria e revistas especializadas (Investigación y Ciencia, Fotogramas, Emprendedores e Hobby consolas).

REALÍZANSE ACTIVIDADES DE:

  • Formación de usuarios: Especialmente para 1º da ESO no primeiro trimestre.
  • Formación TIC: Tecnoloxías de información e educación documental.
  • Apoio académico: Realizado polo profesorado.
  • Fomento da lectura:
    • Exposicións de novidades e temporais.
    • Libro e cómic da semana.
    • Mochilas viaxeiras e cesta da garda.
    • Premios ao mellor lector/a.
    • Colaboración co Club de lectura en gravacións e audiovisuais.
  • Coordinación didáctica: Apoio aos departamentos e recursos web.
  • Outras actividades: Alumnado voluntario, torneos de xadrez, concursos literarios e xestión do Blog.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA BIBLIOTECA

Biblio

Despois de dous anos, a inicios do mes de xuño rematouse coa intervención artística da biblioteca. Dende o curso pasado a alumna do bacharelato de Artes, Acracia García Martínez e o alumno Iván Abad Acuña, iniciaron o proxecto de intervir artisticamente a biblioteca. Ao alumnado se lles brindou a oportunidade de enfrontarse a un novo soporte, a porta de acceso á biblioteca e as vigas desta, para amosar a súa creatividade artística.

  • Ler máissobre INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA BIBLIOTECA

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN

Recomendaciones

O tempo libre é o mellor período para gozar da lectura. Por iso, o equipo da biblioteca recoméndavos unha variada selección de lecturas para estas vacacións.

  • Ler máissobre RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN

Actividade de Ilustración con Alba Blanco

Alba

Esta é outra das actividades que propuxo o equipo da biblioteca no mes do libro. Esta actividade realizouse durante o venres 10 e 17 de abril na biblioteca do Sarmiento unha actividade para o alumnado de 2º de bacharelato Artes Plásticas dirixida pola ilustradora e libreira Alba Blanco.

  • Ler máissobre Actividade de Ilustración con Alba Blanco

Morgana en Esmelle

O mércores pasado dedicamos o noso café coloquio a novela "Morgana en Esmelle" da recentemente homenaxeada nas Letras galegas Begoña Caamaño. Foi unha tarde moi especial porque contamos con Antón Blanco, compañeiro e poeta, que veu como convidado a comentar a obra contextualizándoa dentro da importancia que a materia de Bretaña ten no marco da literatura galega. Pondal, Cabanillas, Risco, Cunqueiro, Xohán Cabana foron algunhas das puntadas literarias que deu Antón para rematar coa lembranza dos versos de Xohana Torres: "Existe a maxia e pode ser de todos /a que tanto novelo e tanta historia?/ EU TAMÉN NAVEGAR." Así que, para continuar a tecer os fíos de Begoña, decidimos que a próxima lectura do club sexa "Punto de araña" de Nerea Pallares.

Clic na imaxe para acceder ao álbum

Biblioteca

Club de lectura FP

Club Lectura

Este luns o Club de Lectura de FP converteuse novamente nun espazo de conversa, reflexión e tamén de moitas risas e opinións compartidas.

  • Ler máissobre Club de lectura FP

Reunión Club de lectura 13 de abril

Club lectura

Este luns no Club de Lectura de FP comentamos a novela gráfica Solanin, de Inio Asano.

Esta aclamada obra manga relata a historia  dun grupo de mozos que buscan o seu lugar no mundo nese momento de tránsito entre a xuventude e a vida adulta. Un relato honesto e cheo de preguntas sobre o amor, a amizade e o sentido da propia existencia. Madurez ou creatividade? Xuventude ou tolemia? Perseguir os soños ou adaptarse ao que a sociedade espera de nós?

  • Ler máissobre Reunión Club de lectura 13 de abril

2 de marzo no Club de Lectura FP

Marzo

Iniciamos o mes de marzo xuntándonos arredor da obra "Os reis da casa”, de Delphine De Vigan, unha novela que nos deixou coa cabeza a mil. Redes sociais, infancia exposta, cámaras acesas 24/7… e esa pregunta incómoda que ficou flotando na sala: todo o que se pode gravar… débese gravar?

Falamos de límites, da presión das redes sociais, de autoestima, de likes que pesan máis do que parecen e de ata onde chega o “é só contido”. Houbo debate intenso, momentos de “ufff… isto dá que pensar” e, como sempre, un chisquiño de terapia colectiva.

  • Ler máissobre 2 de marzo no Club de Lectura FP

Reunión do 26 de xaneiro no Club de Lectura FP

Club

O pasado 26 de xaneiro xuntámonos para comentar as lecturas do amigo invisible.

Celebramos (por segunda vez!) o cumpre de Anxo no club —isto xa é tradición oficial — e demostramos que non hai mellor maneira de festexar que entre libros e boa conversa.

Ademais, tomamos decisión importante: en marzo incorporamos o manga como proposta lectora Abrimos horizontes e ampliamos miradas.

  • Ler máissobre Reunión do 26 de xaneiro no Club de Lectura FP
Subscribirse a Biblioteca
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES Frei Martín Sarmiento