• Inicio
  • O centro
    • Quen somos
    • Localización
    • Historia
    • Datos de contacto
    • Organigrama
    • Funcionamento
    • Horarios
    • Aula Virtual
    • Incidencias
    • Reserva Aulas
    • Plan de Autoprotección
  • Departamentos
    • Artes Plásticas
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Economía
    • Educación Física e Deportiva
    • Electricidade e electrónica
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Formación e Orientación Laboral
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Latín
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Lingua e Literatura Galega
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión Católica
    • Sanidade
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • Alumnado/Familias
    • ANPA Xocas
    • Xustificante de ausencias
    • Contacto Profesorado/Horario Atención Familias
    • Horarios grupos
    • Abalar Móbil
    • Proxecto E-Dixgal
    • Pon ti a música
    • Transporte Escolar
    • Libros de texto
  • Oferta Educativa
    • Biblioteca
    • Horarios Oferta Modular
    • Igualdade
    • Normalización Lingüística
    • Nutriescolas
    • Oferta Educativa
    • Probas Libres Formación Profesional
    • Radio FMS
    • Revista Paraquenaqueira
  • Secretaría/Trámites
    • Admisión ESO e Bacharelato
    • Admisión Formación Profesional
    • Reclamacións cualificacións
  • Programacións
  • Erasmus+
    • Escolar
    • Ciclos Medios
    • Ciclos Superiores
    • Etwinning
  • Citas Imaxe Persoal
  • Calendario
  • Xincana Localízate

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Quen somos
    • Localización
    • Historia
    • Datos de contacto
    • Organigrama
    • Funcionamento
    • Horarios
    • Aula Virtual
    • Incidencias
    • Reserva Aulas
    • Plan de Autoprotección
  • Departamentos
    • Artes Plásticas
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Economía
    • Educación Física e Deportiva
    • Electricidade e electrónica
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Formación e Orientación Laboral
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Latín
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Lingua e Literatura Galega
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión Católica
    • Sanidade
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • Alumnado/Familias
    • ANPA Xocas
    • Xustificante de ausencias
    • Contacto Profesorado/Horario Atención Familias
    • Horarios grupos
    • Abalar Móbil
    • Proxecto E-Dixgal
    • Pon ti a música
    • Transporte Escolar
    • Libros de texto
  • Oferta Educativa
    • Biblioteca
    • Horarios Oferta Modular
    • Igualdade
    • Normalización Lingüística
    • Nutriescolas
    • Oferta Educativa
    • Probas Libres Formación Profesional
    • Radio FMS
    • Revista Paraquenaqueira
  • Secretaría/Trámites
    • Admisión ESO e Bacharelato
    • Admisión Formación Profesional
    • Reclamacións cualificacións
  • Programacións
  • Erasmus+
    • Escolar
    • Ciclos Medios
    • Ciclos Superiores
    • Etwinning
  • Citas Imaxe Persoal
  • Calendario
  • Xincana Localízate

Miga de pan

  • Inicio
  • Artes Plásticas

Artes Plásticas

ORGANIGRAMA E HORAS DE ATENCIÓN:

Xefatura:

Tatiana Otero García - Xoves 12:15 - 13:05

Profesorado:

Andrea López Iglesias - Luns 11:25 - 12:15

Belén Padrón García - Luns 10:10 - 11:00

Garavata Films

Produtora do alumnado de 1º de Bacharelato da materia Cultura Audiovisual

Instagram de Garavata Films

IG

 

I Gala dos Premios Garavata

O xoves 11 de xuño tivo lugar no noso centro a "I Gala dos Premios Garavata", na que foron proxectadas as películas do alumnado da materia Cultura Audiovisual (1º de Bacharelato de Artes, Humanidades e Ciencias) baixo o selo da nosa produtora "Garavata Films".

Foron tres horas do mellor cine, acompañado de sensacionais actuacións musicais en directo, seguidas da entrega dos Premios ás diferentes categorías e ao esforzo realizado durante o curso escolar.

A gala foi divertida e emotiva, presentada por Beatriz García e Adriana Romano, estando Pablo Vidal e Óscar Pereira aos mandos técnicos.

Houbo unha grande implicación do alumnado e profesorado no desenvolvemento desta Gala e dos seus preparativos, aos que queremos manifestar o noso recoñecemento.

Tamén queremos agradecer as fantásticas fotos de Diego Fragoso.

Agardamos que esta sexa a primeira de moitas galas nas que poidamos amosar o talento do noso estudantado, que é inmenso.

Clic na imaxe para acceder ao álbum

Artes Plásticas

Logotipo para a Produtora Garavata Films

Logo

Estamos moi contentos de poder presentar un proxecto que nos ilusiona moito.

Trátase da produtora Garavata Films, do alumnado de 1º de Bacharelato da materia Cultura Audiovisual do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.

Os compañeiros de 2º de Bacharelato de Artes da materia de Deseño, xunto coa súa profesora Tatiana, estiveron traballando no logotipo da mesma, así como no dos Premios Garavata, a gala asociada á produtora na que se proxectarán os traballos do alumnado e na que recibirán os premios de final de curso.

  • Ler máissobre Logotipo para a Produtora Garavata Films

Olimpíada de Creatividade

Dous grupos de 1° e 2° de bacharelato de Artes plásticas participaron unha vez máis na Olimpiada de Creatividade "Campus Crea". Alí amosaron o seu inxenio e capacidades comunicativas creando un novo obxecto a partires dun paraugas e un martelo. Houbo unha dura competencia e estamos moi orgullosos/as  da ideas e intervencións do noso alumnado conseguindo a cuarta posición.

Clic na imaxe para acceder ao álbum

 

Artes Plásticas

Orbil

O alumnado de Artes de 1° de Bacharelato participou no deseño e decoración do Orbil (mascota do Salón do libro de Pontevedra) baixo a dirección da profesora Andrea, na materia de "Proxectos Artísticos". A temática representada este ano é a música e na súa decoración faise tamén referencia a Palestina, país convidado. Todos os que queirades visitalo podedes atopalo na rúa Eduardo Pondal.

Artes Plásticas

Venres cultural

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes e o de Expresión Artística de 4º ESO acudiu a cidade de A Coruña a realizar dúas actividades, na Filmoteca de Galicia e na Fundación MOP.

A primeira, consistiu nun visionamento da película “Pierrot o tolo”, do cineasta Jean-Luc Godard. A segunda, a visita á exposición fotográfica de Annie Leibovitz titulada “Wonderland”.

Nas dúas actividades, foron moi ben guiados polo persoal da Filmoteca e da Fundación MOP, aos que estamos moi agradecidos.

Que ben sentan estas xornadas culturais!

Clic na imaxe para acceder ao álbum de fotografías

Artes Plásticas

Exposición Bicos de cine na Fundación Manuel Moldes

O alumnado da materia Debuxo Artístico I acudiu á Fundación Manuel Moldes a visitar a exposición Bicos de cine.

Alí puideron gozar da visita guiada polo seu comisario, o historiador e crítico Ramón Rozas, que axudou a entender e desfrutar moito máis a fondo a interesantísima obra deste artista tan vencellado á cidade de Pontevedra.

Queremos agradecer a May Díaz, Manuel Moldes e a Ramón Rozas a súa xenerosidade acompañándonos na visita.

Clic na imaxe para acceder ao álbum

Artes Plásticas

Visita á Facultade de Belas Artes e á Facultade de Deseño

Os estudantes de 1º de Bacharelato de Artes Plásticas achegáronse a visitar a Facultade de Belas Artes e a Facultade de Deseño de Pontevedra.

Queremos agradecer a Xosé Manuel Buxán, Araceli Liste e Marcos Dopico as súas xenerosas explicacións que, de seguro, resultaron moi inspiradoras para o noso alumnado.

#bacharelatoartes

Clic na imaxe para acceder ao álbum

Artes Plásticas

Museo de Pontevedra

O alumnado da materia Debuxo Artístico I acudiu ao Museo de Pontevedra para localizar obras artísticas realizadas con diferentes técnicas. Que mellor maneira de recoñecer os diferentes procedementos artísticos que analizar de preto as obras que forman parte do noso patrimonio e valorar as calidades expresivas de cada un dos creadores e creadoras.

#bacharelatoartes

Clic na imaxe para acceder ao álbum

Artes Plásticas

Visita Innovart

O pasado xoves 12 de febreiro o alumnado de 1 de bacharelato de Arte e o de expresión artística de 4 de Eso xunto coas profesoras do Departamento asistiron, en Santiago, a feira de ensinanzas artísticas “Innovart”. Alí participaron en diferentes obradoiros e tamén visitaron as exposicións de “Francisco Asorey, unha recuperación necesaria” e “Mundo Expandido. De lo físico a lo virtual"

Preme na imaxe para ver o álbum

Artes Plásticas
Subscribirse a Artes Plásticas
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES Frei Martín Sarmiento