Charla temática
O pasado 27 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á Charla Temática "O tratamento dos síntomas da contemporaneidade segundo a psicanálise de orientación lacaniana" organizada polo Departamento de Filosofía e impartida polo profesor Francisco Conde Soto, da Universidade de Santiago de Compostela.
Ao longo da sesión, o relator achegou unha visión clara e práctica sobre o tema, combinando explicacións accesibles con exemplos que espertaron o interese do público.
