O día 5 de febreiro, cinco estudantes do instituto (Ágatha, Analía, Anxo, Fátima e Lía) participaron na Olimpíada Filosófica de Galicia, na modalidade de disertación, que se celebrou na Facultade de Filosofía da USC. Sendo fieis á temática da Olimpíada, a Tolemia, tamén eles, como Don Quixote fronte aos xigantes, tiveron que enfrontarse a unha pequena dose de loucura para poder chegar. Superados os atrancos, a experiencia resultou moi enriquecedora.
