• Inicio
  • O centro
    • Quen somos
    • Localización
    • Historia
    • Datos de contacto
    • Organigrama
    • Funcionamento
    • Horarios
    • Aula Virtual
    • Incidencias
    • Reserva Aulas
    • Plan de Autoprotección
  • Departamentos
    • Artes Plásticas
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Economía
    • Educación Física e Deportiva
    • Electricidade e electrónica
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Formación e Orientación Laboral
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Latín
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Lingua e Literatura Galega
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión Católica
    • Sanidade
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • Alumnado/Familias
    • ANPA Xocas
    • Xustificante de ausencias
    • Contacto Profesorado/Horario Atención Familias
    • Horarios grupos
    • Abalar Móbil
    • Proxecto E-Dixgal
    • Pon ti a música
    • Transporte Escolar
    • Libros de texto
  • Oferta Educativa
    • Biblioteca
    • Horarios Oferta Modular
    • Igualdade
    • Normalización Lingüística
    • Nutriescolas
    • Oferta Educativa
    • Probas Libres Formación Profesional
    • Radio FMS
    • Revista Paraquenaqueira
  • Secretaría/Trámites
    • Admisión ESO e Bacharelato
    • Admisión Formación Profesional
    • Reclamacións cualificacións
  • Programacións
  • Erasmus+
    • Escolar
    • Ciclos Medios
    • Ciclos Superiores
    • Etwinning
  • Citas Imaxe Persoal
  • Calendario
  • Xincana Localízate

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Quen somos
    • Localización
    • Historia
    • Datos de contacto
    • Organigrama
    • Funcionamento
    • Horarios
    • Aula Virtual
    • Incidencias
    • Reserva Aulas
    • Plan de Autoprotección
  • Departamentos
    • Artes Plásticas
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Economía
    • Educación Física e Deportiva
    • Electricidade e electrónica
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Formación e Orientación Laboral
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Latín
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Lingua e Literatura Galega
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión Católica
    • Sanidade
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • Alumnado/Familias
    • ANPA Xocas
    • Xustificante de ausencias
    • Contacto Profesorado/Horario Atención Familias
    • Horarios grupos
    • Abalar Móbil
    • Proxecto E-Dixgal
    • Pon ti a música
    • Transporte Escolar
    • Libros de texto
  • Oferta Educativa
    • Biblioteca
    • Horarios Oferta Modular
    • Igualdade
    • Normalización Lingüística
    • Nutriescolas
    • Oferta Educativa
    • Probas Libres Formación Profesional
    • Radio FMS
    • Revista Paraquenaqueira
  • Secretaría/Trámites
    • Admisión ESO e Bacharelato
    • Admisión Formación Profesional
    • Reclamacións cualificacións
  • Programacións
  • Erasmus+
    • Escolar
    • Ciclos Medios
    • Ciclos Superiores
    • Etwinning
  • Citas Imaxe Persoal
  • Calendario
  • Xincana Localízate

Miga de pan

  • Inicio
  • Economía

Economía

ORGANIGRAMA E HORAS DE ATENCIÓN:

Jose Vázquez Carpintero - Mércores 8:30-9:20

Enlace a información do departamento

 

Xincana Localízate

O pasado martes, 26 de maio, o alumnado de 4º ESO e de FP Básica de Peiteado participou na Xincana Localízate, unha actividade organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co obxectivo de achegar ao alumnado á realidade do comercio local.

Durante os últimos meses, os participantes estiveron analizando diferentes establecementos da súa contorna e traballando no deseño dun modelo de negocio viable. O proxecto propoñía a creación e definición dunha idea que puidese ser implementada nun comercio local, contribuíndo a conectar estes negocios cun público mozo de entre 18 e 30 anos.

Entre todos os proxectos presentados, aqueles que destacaron pola súa viabilidade foron convidados a participar nesta xincana pola cidade de Pontevedra, na que o alumnado puido seguir descubrindo o valor do comercio de proximidade dunha forma dinámica e participativa.

Aínda que o premio final foi para un dos equipos participantes, queremos felicitar a todo o alumnado polo esforzo, a implicación e o traballo desenvolvido ao longo de todo o proxecto.

Parabéns a todas e todos!

Clic na imaxe para acceder ao álbum

 

Economía
Imaxe Persoal

Finanzas para mortais

FxM

A semana pasada, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Economía e Emprendemento participou nunhas charlas formativas impartidas por Ana Mª Pomar, profesional do Banco Santander, dentro do programa Finanzas para Mortales, integrado na iniciativa EduEmprende Galicia.

  • Ler máissobre Finanzas para mortais

O noso alumnado brilla na Final Nacional do YBT

O equipo NATURLAC, formado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Mateo Méndez, vén de acadar un magnífico 14º posto a nivel nacional na Gran Final do programa Young Business Talents en Madrid.

Tras superar nas fases previas a máis de 3.000 equipos de toda España, o noso alumnado competiu cos 100 mellores proxectos do país, logrando uns beneficios de 68.030.000 euros para a súa empresa láctea virtual. 

Máis alá destas excelentes cifras, dende o centro queremos destacar a verdadeira aprendizaxe desta experiencia. O equipo demostrou unha grande capacidade de análise, solvencia baixo presión e un excelente traballo en equipo na toma de decisións.

Ademais da competición, puideron gozar dun pouco de turismo pola capital para celebrar o esforzo de todos estes meses.

Parabéns polo voso traballo!

Clic na imaxe para acceder ao álbum de fotografías

Economía

Preparados para o salto?

Salto

O pasado 14 de abril, o alumnado de primeiro curso de ciclos de FP e 4º da ESO asistiu á charla “Prepárate para o salto” organizada polo departamento de FOL dentro do programa EduEmprende.

  • Ler máissobre Preparados para o salto?

O alumnado de economía de 4º ESO visita Pérez Rumbao

Vepersa

O alumnado de Economía de 4º de ESO descobre o motor empresarial de Galicia en Pérez Rumbao.

No marco do programa EduEmprende da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o alumnado de 4º de ESO da materia de Economía e Emprendemento participou na iniciativa EduTecEmprende. Esta actividade ten como obxectivo principal fomentar as capacidades emprendedoras e o coñecemento da realidade empresarial da nosa contorna.

  • Ler máissobre O alumnado de economía de 4º ESO visita Pérez Rumbao

Final do Torneo de Debate en Madrid

Final

Trala final do Torneo de debate económico, a nosa alumna Isabela Cortizo, redactou esta reseña sobre a experiencia.

  • Ler máissobre Final do Torneo de Debate en Madrid

Claves para unha boa comunicación

Atrévete

O pasado mércores 11 de marzo, o alumnado participou no obradoiro Actúa, integrado no programa EduEmprende. Esta acción formativa tivo como obxectivo principal o perfeccionamento das habilidades de comunicación persoal do alumnado.

  • Ler máissobre Claves para unha boa comunicación

Finalistas no Young Business Talents!

Naturlac

O equipo NATURLAC, integrado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Mateo Méndez clasificouse para a GRAN FINAL do Young Business Talents! Durante meses, os nosos alumnos convertéronse en auténticos directivos, xestionando a súa propia empresa virtual e tomando decisións cruciais de márketing, finanzas e recursos humanos a través dun simulador profesional. E demostraron ser dos mellores de todo o país! O vindeiro 17 de abril de 2026, porán rumbo a Madrid para competir presencialmente polo título de mellores empresarios virtuais de España. Moitísimos parabéns, equipo!

  • Ler máissobre Finalistas no Young Business Talents!

Explorando os estudos de Formación Profesional

O alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional realizou unha interesante visita ao CIFP A Xunqueira co obxectivo de coñecer de primeira man a oferta de ciclos formativos e as súas saídas profesionais.


Durante a xornada, a orientadora do centro, Cristina, guiounos polas distintas instalacións, explicando con detalle o funcionamento e contidos dos ciclos que se imparten. O alumnado puido comprobar como se traballa nos talleres e aulas de electrónica, onde observaron as salas de audio e vídeo; no ciclo de atención á dependencia, coñecendo os recursos e materiais empregados para a atención ás persoas; no ámbito de madeira e moble, visitando os espazos destinados ao deseño e fabricación; e tamén no ámbito de mantemento de vehículos, onde puideron ver reparacións e traballos sobre vehículos. 

A visita resultou moi enriquecedora, xa que permitiu ao alumnado achegarse á realidade da Formación Profesional dun xeito práctico e directo. Poder ver os espazos, falar co profesorado e coñecer as experiencias do alumnado do centro axúdalles a tomar decisións máis informadas sobre o seu futuro académico e profesional.

Ademais, proximamente realizarán unha actividade similar no noso propio centro educativo, onde tamén se imparten diferentes familias profesionais, como son as de electricidade, fabricación mecánica, imaxen persoal e sanitaria. Esta nova visita permitirá completar a visión do alumnado sobre a ampla oferta de Formación Profesional dispoñible, facilitando unha reflexión máis profunda e fundamentada sobre o seu futuro formativo.

Clic na imaxe para acceder ao album

Economía

Finalistas no Torneo de Debate Económico Nacional!!

O alumnado de 1º de Bacharelato clasificouse para a final do Torneo de Debate Económico, organizado polo Consello Xeral de Economistas de España, en colaboración co Banco de España, a CNMV e o Ministerio de Economía.

O equipo, integrado polas nosas brillantes alumnas Lucía Blanco, Isabela Cortizo, Sandra Domínguez, Antía Fernández, Paula Gómez e Elia Ogando, realizou unha magnífica actuación na fase provincial de Pontevedra, celebrada o pasado 12 de febreiro. Grazas ao seu esforzo, preparación e talento, acadaron o primeiro posto, asegurando así o seu pase á final nacional.

A gran cita terá lugar os próximos 5 e 6 de marzo en Madrid, onde representarán con orgullo o noso centro e a provincia de Pontevedra. Neste caso o debate consistirá en defender posturas a favor e en contra en relación á seguinte cuestión: “É a utilización do diñeiro dixital máis eficiente e responsable que o diñeiro en efectivo?”

👏 Parabéns por este grande logro e moita sorte na final! Estamos moi orgullosos de vós. 💙

#OrgulloFreiMartínSarmiento #DebateEconómico #TalentoNovo #RumboAMadrid #EconomíaFREI

Educación financiera en Pontevedra: éxito en la Final Territorial del Torneo de Debate Económico y Concurso Audiovisual 2026


Clic na imaxe para acceder ao álbum
 

Economía
Paxinación
  • Páxina 1
  • Páxina Seguinte ››
Subscribirse a Economía
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES Frei Martín Sarmiento