O equipo NATURLAC, integrado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Mateo Méndez clasificouse para a GRAN FINAL do Young Business Talents! Durante meses, os nosos alumnos convertéronse en auténticos directivos, xestionando a súa propia empresa virtual e tomando decisións cruciais de márketing, finanzas e recursos humanos a través dun simulador profesional. E demostraron ser dos mellores de todo o país! O vindeiro 17 de abril de 2026, porán rumbo a Madrid para competir presencialmente polo título de mellores empresarios virtuais de España. Moitísimos parabéns, equipo!
