O pasado 14 de abril, o alumnado de primeiro curso de ciclos de FP e 4º da ESO asistiu á charla “Prepárate para o salto” organizada polo departamento de FOL dentro do programa EduEmprende.
Da man de Carlota Pérez, de A Fundación, reflexionamos sobre educación financeira: como xestionar o noso diñeiro, entender a “letra pequena” e afrontar decisións en contextos incertos.
Unha sesión moi amena, chea de exemplos reais e de coñecemento que nos dá autonomía e liberdade.
Grazas Carlota por facernos pensar e prepararnos o futuro!
