O pasado mércores 11 de marzo, o alumnado participou no obradoiro Actúa, integrado no programa EduEmprende. Esta acción formativa tivo como obxectivo principal o perfeccionamento das habilidades de comunicación persoal do alumnado.
Da man de Vero, a relatora da sesión, os alumnos e alumnas exploraron as claves fundamentais para a oratoria e o falar en público. A actividade resultou clave para o desenvolvemento de competencias transversais (soft skills), hoxe imprescindibles tanto para a defensa de proxectos empresariais como para calquera exposición no ámbito profesional ou persoal. A sesión non só favoreceu a comunicación efectiva, senón que proporcionou ferramentas prácticas para gañar seguridade e proxección pública.
