Este luns no Club de Lectura de FP comentamos a novela gráfica Solanin, de Inio Asano.
Esta aclamada obra manga relata a historia dun grupo de mozos que buscan o seu lugar no mundo nese momento de tránsito entre a xuventude e a vida adulta. Un relato honesto e cheo de preguntas sobre o amor, a amizade e o sentido da propia existencia. Madurez ou creatividade? Xuventude ou tolemia? Perseguir os soños ou adaptarse ao que a sociedade espera de nós?
Preguntas que todas nos plantexamos algunha vez e que nos permiten reflectir sobre quen somos e que é o que nos move.
Coma sempre houbo risas, debate e moita reflexión.

