Este luns o Club de Lectura de FP converteuse novamente nun espazo de conversa, reflexión e tamén de moitas risas e opinións compartidas.
Nesta ocasión reunímonos arredor de Llamadme Nathan, de Catherine Castro y Quentin Zuttion, un dos primeiros cómics que abordan o tema trans, o conflito entre sexo morfolóxico e identidade sexual e o cambio de xénero nun adolescente. Baséase na historia verídica de Nathan, Lucas na realidade, a quen coñece a guionista Catherine Castro desde a infancia.
Unha obra valente e necesaria que nos levou a falar sobre identidade de xénero, adolescencia, dúbidas, cambios, e valores fundamentais como a tolerancia e o respecto
Porque ler tamén é isto: abrir conversas, cuestionar ideas e entender mellor a realidade que nos rodea.
Grazas ao alumnado por facer do club un lugar tan vivo, participativo e cheo de bo ambiente.
#ClubDeLecturaFP #FP #Lectura #LlamadmeNathan #Educación #Diversidade #Respecto #Convivencia #BibliotecaEscolar #FPConValores
