O pasado 26 de xaneiro xuntámonos para comentar as lecturas do amigo invisible.
Celebramos (por segunda vez!) o cumpre de Anxo no club —isto xa é tradición oficial — e demostramos que non hai mellor maneira de festexar que entre libros e boa conversa.
Ademais, tomamos decisión importante: en marzo incorporamos o manga como proposta lectora Abrimos horizontes e ampliamos miradas.
Tamén foi tarde de emocións: despedimos ao alumnado de 2º que marcha ás prácticas de empresa. Orgullo enorme polo camiño que comezan e un pouquiño de morriña por non telos nas próximas reunións. Moita sorte nesta nova etapa, esta sempre será a vosa casa lectora.
Uns que marchan e outros que chegan! Novas incorporacións ao club e nova lectura: “Los reyes de la casa” de Delphine de Vigan.
Lecturas, risas e debate. Así seguimos medrando.
