Despois de dous anos, a inicios do mes de xuño rematouse coa intervención artística da biblioteca. Dende o curso pasado a alumna do bacharelato de Artes, Acracia García Martínez e o alumno Iván Abad Acuña, iniciaron o proxecto de intervir artisticamente a biblioteca. Ao alumnado se lles brindou a oportunidade de enfrontarse a un novo soporte, a porta de acceso á biblioteca e as vigas desta, para amosar a súa creatividade artística. A temática que desenvolveron está relacionada coa literatura, baseada nas lendas áuricas, representando na porta ao mítico mago Merlín, dando así paso ao mundo de lendas e historias que se recollen nos libros da biblioteca.
Moitas grazas a Acracia e a Iván por converter a biblioteca do instituto nun espazo especial.


