Esta é outra das actividades que propuxo o equipo da biblioteca no mes do libro. Esta actividade realizouse durante o venres 10 e 17 de abril na biblioteca do Sarmiento unha actividade para o alumnado de 2º de bacharelato Artes Plásticas dirixida pola ilustradora e libreira Alba Blanco.
A primeira sesión foi teórica; a importancia de expresarse a través do debuxo, que estudos poderían facer ao rematar bacharelato e que saídas laborais poderían ter. O alumnado amosou moito interese e realizou moitas preguntas á ilustradora, foi unha actividade moi interesante. Sempre é moi enriquecedor para o alumnado, relacionar a actividade académica co mundo laboral.
O seguinte venres 17 de abril, realizouse a práctica da actividade, na cal Alba propúxolle ao alumnado realizar traballos de ilustración e expresión artística a partir de follas de libros que habíamos expurgado na biblioteca.
O resultado foi fantástico, houbo traballos moi interesantes. A experiencia deste curso que nos propuxera Alba foi enriquecedora. Moitas grazas Alba, volveremos a colaborar.


