Utilizaremos este iDevice para incorporar ao recurso rúbricas de avaliación. Podemos crear unha desde cero ou cargar algunhas das que veñen como modelo en eXeLearning.
En calquera dos dous casos, poderemos personalizar todos os parámetros:
- O título da rúbrica
- Os aspectos para valorar
- Os niveis de desempeño
- Os descriptores
- O peso de cada descriptor
- Tamén cambiar a orde e eliminar columnas
e filas
, e engadir novas
.
Unha vez creada a rúbrica, poderemos aplicala para avaliar ao alumnado e imprimir as valoracións.
A continuación detállase o proceso para usar o iDevice de Rúbrica..
Nova rúbrica
Se seleccionamos "Nova rúbrica", o noso punto de partida será unha táboa de 4x4 que poderemos completar e personalizar.
Rúbricas de exemplo
Se seleccionamos "Rúbricas de exemplo", poderemos elixir entre varias que se propoñen (exposición oral, vídeo, infografía...) para a súa posterior adaptación. Todos os campos son modificables.
Previsualización
Unha vez creada a rúbrica, gardaremos
o noso iDevice. En previsualización podemos ver como se verá a rúbrica e poderemos utilizala para avaliar, picando en "Aplicar".
Aplicación da rúbrica
Unha vez enchemos a rúbrica do alumno ou alumna correspondente, poderemos imprimir a avaliación o gardala como pdf.



