Utilizaremos a opción de Arquivo > Importar > Inserir . elp nesta páxina cando queiramos completar o noso traballo con outro que teñamos feito ou que descargásemos da internet.
Teremos que ter en conta as licenzas do novo paquete para non incorrer en incompatibilidades.
O proceso será sinxelo:
1.- Na árbore de contidos seleccionaremos o nodo a partir do cal queremos inserir o novo contido.
2.- Facendo clic no botón dereito do rato mostrarásenos a opción de "Inserir . elp nesta páxina". En modo avanzado pódese acceder a esta opción desde o menú Arquivo > Importar.
3.- Seleccionando a opción abrirásenos unha xanela de navegación onde seleccionaremos o paquete . elp a inserir.
4.- Unha vez seleccionado, o contido do novo paquete integrarase nun nivel inferior ao nodo desde o que o inserimos.

Observa que os metadatos e información da pestana de propiedades do paquete no que se está traballando mantéñense e non varían por inserirlle novos elps. No caso de que o paquete inserido teña metadatos, estes eliminaranse.