Utilizaremos a opción de Arquivo > Exportar > Exportar a páxina actual como . elp cando queiramos desagregar o noso traballo en arquivos máis pequenos. Tamén poderemos reutilizar eses arquivos noutros proxectos.
O proceso será sinxelo:
1.- Na árbore de contidos seleccionaremos o nodo a partir do cal queremos extraer o contido.
2.- Facendo clic no botón dereito do rato mostrarásenos a opción de "Exportar esta pagina como . elp". En Modo avanzado pódese acceder a esta opción desde o menú Arquivo > Exportar.
3.- Seleccionando a opción abrirásenos unha xanela de navegación onde poderemos dar un novo nome ao paquete que imos crear.

Observa que o . elp obtido da extracción conserva na pestana de propiedades o nome do autor orixinal. Como título, mostrará por defecto o do nodo pai, pero o resto de campos haberá que enchelos ao tratarse dun novo contido.