Utilizaremos este iDevice para achegar ficheiros ao paquete (que se incluirán ao exportalos).
Ao seleccionar o iDevice "Ficheiros adxuntos" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:
Preséntase con dúas opcións de visualización:
- Mostrar a descrición e a ligazón (SI): os arquivos cargados mostraranse nunha lista de ligazóns.
- Mostrar a descrición e a ligazón (NON): os arquivos non aparecen enlazados no exportados pero inclúense tanto no . elp como no exportado. Esta forma complementa ao mecanismo de introdución de arquivos a través do iDevice Miniaplicación de java, só para usuario avanzado.
Lembra utilizar o botón Cargar cada vez que queiras engadir un novo ficheiro.