Saltar la navegación

Exportar como Sitio web

Permite exportar o proxecto como un sitio web listo para ser aloxado nun servidor da internet. Ademais das páxinas desenvolvidas, crearase un menú de navegación lateral que reproduce a árbore de contidos do obxecto.

HTML é a linguaxe co que se escriben as páxinas web e é o formato de exportación máis sinxelo que se pode realizar con eXe. As páxinas HTML xeradas pódense subir a sitios web (a un servidor), gravalas nunha memoria USB, envialas por correo... Todo coa tranquilidade de que os nosos alumnos poderán ver o recurso, pois todos os computadores persoais dispoñen de navegador web para abrir as páxinas xeradas.

exportar a sitio web
Exportación a sitio web

Ao exportar como Sitio web, eXeLearning crea un cartafol onde lle indiquemos, e dentro dese cartafol, coloca todos os arquivos (imaxes, textos, etc.) que utilizásemos no noso proxecto. Para reproducilo, basta con abrir o arquivo  index.html que eXeLearning crearía no seu interior. Mostrarase unha páxina web cunha táboa de contidos navegable á esquerda, e se pulsamos sobre unha ligazón desa táboa mostrarase en pantalla dita sección. Podemos gravar o contido do cartafol onde desexemos (memoria USB), subilo a unha páxina web, etc. E así poder entregar os apuntamentos aos alumnos.

buscar archivo index.html
Arquivo index.html dentro do cartafol creado