ePub é un estándar aberto para e- books. A diferenza do formato PDF, os documentos ePub non están definidos para un tamaño de páxina fixo. O contido adáptase ao tamaño da pantalla; se a pantalla é máis pequena haberá máis páxinas, se é máis grande haberá menos.
O estándar estendeuse ata a súa versión 3.0, que se publicou en outubro de 2011. Esta extensión representou unha pequena revolución. A súa principal novidade é a inclusión de HTML5, sendo agora posible incluír, entre outros, elementos de audio e vídeo. Poden ser usadas un amplo número das funcións de CSS3, así como de JavaScript.
Recomendamos a lectura do artigo: "La nueva versión de eXeLearning permite exportar a ePub3", publicado no ano 2014.
Aspectos a ter en conta neste tipo de exportación:
- No nodo inicio, a primeira imaxe inserida servirá de portada do noso exportado epub. Esa imaxe utilizaraa o lector na previsualización.
- Lembra encher os campos de catalogación en Propiedades>Paquete. Aparecerán na previsualización do lector.
ePub3 NON soporta iframes, java, flash... Debemos ternerlo en conta e engadir unha ligazón para que o dispositivo poida reproducilos desta forma (si están soportados...). - Os contidos ePub3 poden visualizarse sen necesidade de conexión a internet. Antes teremos que importalos no noso dispositivo. No caso de Android, se utilizamos Dropbox ou Drive como app, podemos facer clic no arquivo. Producirase a descarga e o dispositivo ofreceranos abrilo con Gitden Reader. Podemos colgalo en liña ou envialo ao correo e descargalo desde o navegador que se abrirá. Outra opción sería a descarga desde USB ou aplicacións como AirDroid.
ePub3 soporta ligazóns, imaxes... Utiliza as opcións de subliñado, dicionario, marcado de páxina, copiar, compartir... Para Android recoméndase como app de dicionario ColorDict soportada en diferentes idiomas. - Formato de vídeos soportados: mp4.
- Formato de audio soportado: mp3.