Saltar la navegación

Galería de imaxes

Actualizamos a forma de visualizar as imaxes. Ao picar sobre unha delas, ampliarase, mostrando o nome da mesma e unhas miniaturas do resto da galería para facilitar así a súa visualización.

Utilizaremos este iDevice para mostrar un álbum de imaxes, inicialmente en formato miniatura. Facendo clic sobre calquera das imaxes do álbum abriremos unha mostra ampliada, con posibilidade de navegación entre as distintas imaxes da galería.

Ao seleccionar o iDevice "Galería de imaxes" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:

Galería de imágenes

 

Engade imaxes desde o botón Engadir imaxes.

Unha vez engadida a primeira, poderás seguir engadindo, borrando e movendo desde os botóns debaixo de cada unha delas. Lembra escribir un texto descritivo por cada unha.

Exemplo de galería de imaxes: Web 2.0

Practica eXe: crea una galería de imágenes

Realiza os seguintes procedementos:

  1. Abre o arquivo omeuarquivo2. elp que creaches na actividade anterior (podes facer dobre clic sobre el)
  2. Busca catro imaxes con licenza Creative Commons e descárgaas nun cartafol do teu equipo
  3. Crea un iDevice "Galería de imaxes" no nodo "Outros contidos". Cambia o seu título
  4. Engade as catro imaxes que descargaches previamente. Para cada unha delas escribe un pequeno texto descritivo
  5. Unha vez terminado, feixe clic no botón hecho para ver o resultado
  6. Garda os cambios. (Arquivo > Gardar)

Se tes algunha dúbida podes consultar o seguinte vídeo:

Cedec. iDevice Galería de imágenes (CC BY)