Saltar la navegación

Imprimir en papel ou en PDF

Se o que queremos é imprimir ou gardar como PDF o noso recurso, non necesitamos exportar. Podemos utilizar directamente a opción de "Imprimir" que aparece no menú de eXeLearning. Na xanela que se nos abre ao pulsar en Imprimir, seleccionaremos unha impresora (en caso de querer imprimilo en papel) ou a opción de Gardar como PDF (en caso de querer gardalo neste formato).

imprimir / exportar a PDF
Imprimir / Xerar PDF

Se o noso computador non trae por defecto a opción de Gardar ou Xerar PDF, podemos instalalo de forma fácil. Nestas ligazóns podemos ver como facelo en Linux, Windows e Mac

OLLO!

eXeLearning está pensado para crear recursos educativos dixitais multimedia. Como comprobamos, podemos incluír imaxes, vídeos, animacións, sons... Menos o texto, a imaxes e as ligazóns a Internet, todas estas cousas perderémolas nun PDF.

Con todo, moitas persoas están afeitas ler en papel, polo que nalgunha ocasión deberemos pasar os contidos de eXeLearning a PDF. Pero eXeLearning non trae esta opción debido a esta perda de funcionalidades.