Unha vez que terminamos o noso documento eXeLearning, quédanos o momento máis satisfactorio, dar a coñecer os nosos proxectos aos demais. Para iso teremos que exportalos a formatos que non precisen o uso de eXeLearning e que ademais nos mostren máis eficientemente o traballo realizado.
Lembremos que o documento que creamos se garda coa extensión . elp ( eXeLearning Project), unha extensión que só é válida para traballar con esta aplicación. Para que os contidos xerados poidan ser utilizados por outras aplicacións e visualizados por outros usuarios, eXeLearning permite exportar os proxectos a distintos formatos. Imos ver cales son e cal debemos elixir en cada caso.