Saltar la navegación

Publicar noutras plataformas web

Publicar en BSCW

BSCW (Basic Support for Cooperative Work) é unha ferramenta para traballo cooperativo e social. Podémonos rexistrar e obter un espazo de 1 GB onde poderemos aloxar os nosos materiais. A seguinte presentación explica todo o proceso de rexistro e de subida de arquivos.

Juan José de Haro. Publicar en BSCW (CC BY)

Publicar en Graasp

Graasp pertence á Comunidade Europea e a súa finalidade é crear e aloxar materiais educativos. Na seguinte presentación dáse toda a información, tanto para rexistrarse como para publicar o noso material.

Juan José de Haro. Publicar en Graasp (CC BY)