Para presentar recursos externos que se incorporarán a eXeLearning como contidos (textuais ou webs) teremos os seguintes iDevices:
- Descargar ficheiro fonte: permite engadir ao recurso exportado un botón de descarga do ficheiro fonte (. elp).
- Ficheiros adxuntos: permite achegar a modo de listaxe non ordenada os ficheiros coas súas correspondentes ligazóns.
- Galería de imaxes: mostra un álbum de imaxes, inicialmente en formato miniatura.
- Nota: permite incluír comentarios e anotacións do autor de maneira interna. Só será visible no arquivo editable en eXeLearning e non se visualizará en ningún arquivo exportado.
- Rúbrica: permite crear rúbricas desde cero ou a partir dun modelo, así como aplicalas unha vez exportado o contido.