Saltar la navegación

Importar/exportar elps

As opcións "Inserir . elp na páxina actual" e "Exportar a páxina como . elp" dannos a posibilidade de extraer ou inserir paquetes de eXeLearning. Desta forma, poderemos combinar partes de diferentes proxectos para obter un novo reutilizando contidos. Podemos acceder a estas opcións facendo clic co botón dereito no nodo que queremos exportar ou, no caso de importar, no nodo do que queremos que dependa o . elp a incorporar. En Modo avanzado, tamén podemos acceder desde o menú principal Arquivo > Importar ou Arquivo > Exportar.

Cando se utilicen estas opcións, débese ter en conta que hai que comprobar que a árbore de contidos queda correctamente. As opcións existentes son:

  • Importar . elp na páxina actual: insere un paquete . elp desde a posición da estrutura de contidos que teñamos seleccionada.
  • Exportar a páxina como . elp: crea un novo paquete . elp coa páxina ou nodo seleccionado. Inclúe todas as subpáginas que están nas ramas inferiores.

Sabías que?

Esta utilidade é moi importante para os docentes. Existen moitos repositorios onde nos atoparemos recursos realizados con eXeLearning.

Neles poderemos descargarnos os arquivos, editalos e utilizar as partes que máis nos interesen para integralas nos nosos recursos.

Para iso é moi importante usar Licencias CC BY-SA que nos animen a compartir e a reutilizar. Compartindo gañamos todos! 

Algúns dos lugares onde podes atopar recursos e arquivos realizados con eXeLearning son:

  • Proyecto EDIA,  de CeDeC-INTEF (Centro nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios): ofrece recursos educativos abertos para Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional, ademais de guías de Atención á Diversidade, Creación de recursos educativos abertos e guías para familias.
  • Proyecto CREA, da Consellería de Educación e Emprego da Junta de Extremadura: ofrece recursos educativos para Educación Primaria e Secundaria, e materiais para titoría.
  • IEDA (Instituto de enseñanzas a distancia de Andalucía): repositorio onde atoparás materiais de educación formal ( ESPA, Bacharelato, EOI e Formación Profesional de nivel inicial) e non formal (Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior, Probas de Acceso a Universidade (para maiores de 25 anos) e de Fomento da cidadanía activa.
  • Portal Ceibal: Recursos para Primaria, Media e Superior e recursos para docentes.

Practica eXe: descarga e organiza contidos

Realiza os seguintes procedementos:

  1. Crea un cartafol no teu PC denominada "Recursos descargados".
  2. Accede a tres das páxinas de recursos que aparecen no apartado anterior.
  3. Descarga na cartafol "Recursos descargados" os . elp correspondentes a tres recursos da túa materia.
  4. Abre cada recurso con eXe e modifica o seu estilo (para que os tres teñan o mesmo) e as propiedades.
  5. Garda cada un dos . elps.
  6. Expórtaos para poder ver o formato de cada un deles.