Saltar la navegación

Publicar en Moodle

Podemos subir os nosos contidos creados con eXeLearning a unha plataforma Moodle tanto en formato Sitio web como en SCORM ou IMS

Opciones de publicación según el formato de exportación
Opciones de publicación segundo o formato de exportación

Aínda que xa mencionamos as diferenzas entre os formatos, en Moodle, a efectos prácticos (salvo a actividade interactiva Cuestionario SCORM que xa vimos) a única diferenza será a visualización.

Publicar en Moodle

A continuación, imos ver o proceso de publicación de cada un destes formatos en Moodle.

Publicación como SCORM

PASOS:

  1. Engadimos actividade ou recurso: Paquete SCORM
  2. Enchemos os datos e subimos o noso arquivo SCORM
  3. Picamos en Gardar cambios e mostrar
  4. Seleccionamos Moda: Normal e picamos en Entrar
Publicar SCORM en Moodle

En caso de problemas no rexistro de actividade do usuario usando SCORM 2004, recomendamos usar SCORM 1.2 (Arquivo > Exportar > Estándar educativo > SCORM 1.2 co modo avanzado activado).

Publicación como IMS

PASOS:

  1. Engadimos actividade ou recurso: Paquete de contido IMS
  2. Enchemos os datos e subimos o noso arquivo IMS
  3. Picamos en Gardar cambios e mostrar
Publicar como IMS

Publicación como Sitio Web

O proceso para publicar o noso material como Sitio web en Moodle é un pouco máis complexo, pero o resultado final é moito mellor. O proceso está explicado en este  vídeotutorial. 

PASOS:

1. Engadimos actividade ou recurso: Arquivo.

2. Enchemos os datos e subimos o noso cartafol COMPRIMIDO. Para iso podemos comprimir o cartafol creado ao exportar como sitio web (Usuario non avanzado) ou exportar directamente como Sitio web > Arquivo comprimido ZIP (opción dispoñible como Usuario avanzado).

Publicar Sitio web en Moodle.

3. Facemos clic no arquivo subido e descomprimimos.

Publicar Sitio web en Moodle: decomprimir archivo

4. Entre todos os arquivos despregados, buscamos un chamado index.html. Facemos clic nel e configurámolo como arquivo principal.

Publicar Sitio web en Moodle. Configurar index.html5. Facemos clic en Gardar cambios e mostrar.