Section outline
-
-
-
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas partindo da lectura e análise reflexiva do documento que se fornece e do visionado da película A Lista de Schindler realizado en grupo o 27 de xaneiro de 2025
-
-
1. As orixes do mundo contemporáneo: crise do vello réxime e revolucións liberais na Europa occidental do séc. XVIII (setembro)
-
Realiza esta tarefa sobre a crise do vello réxime absolutista e estamental e as revolucións liberais.
-
-
Neste cartafol ofrecemos mapas e información para entender as características e as consecuencias dos procesos de independencia das colonias en América no contexto da crise do vello réxime absolutista e estamental en España.
-
-
Entregarase entre o 15 e o 18 de decembro de 2023
-
Consulta esta rúbrica de valoración da produción que entregues sobre esta tarefa práctica
-
-
Antes das 23:59 horas do sábado 15 de marzo debedes ter realizadas correctamente as tarefas interactivas correspondentes á construción do mundo contemporáneo que están dispoñibles no repositorio Viaxe a Itaca, para que sexan cualificadas nesta segunda avaliación
-
1º. Rematar a tarefa 4.2. do módulo 4 do curso virtual. Esta práctica correxirase na sesión presencial do venres 21 comprobando que se realizou individualmente.
2º. Visionar a película Daens que está dispoñible nun cartafol da materia no ordenador da mesa d@s profesor@s (no de 4º A está seguro: copiadeo nun lápiz de memoria para o de 4º B)
-
1º. Rematar a tarefa 4.2. do módulo 4 do curso virtual. Esta práctica correxirase na sesión presencial do venres 21 comprobando que se realizou individualmente.
2º. Rematar o visionado da película Daens que está dispoñible nun cartafol da materia no ordenador da mesa d@s profesor@s
-
4º A: Analizar as imaxes da práctica 4.1 do do módulo 4 do curso virtual comparándoas cos documentos da práctica 4.3. e co informe anexo.
4º B: Rematar o visionado da película Daens que está dispoñible nun cartafol da materia no ordenador da mesa d@s profesor@s
-
Lee con atención este artigo e, despois:
1º. Anota as dúbidas conceptuais ou argumentais que che produza esa lectura comprensiva.
2º. Elabora un mapa conceptual coa idea principal e as ideas secundarias da argumentación dese autor.
3º. Discute esa argumentación utilizando os coñecementos acadados nas sesións presenciais que dedicamos a este tema
-
-
5. A explotación colonial do mundo polos europeos e outros estados industrializados durante o século XIX e ata 1918
-
Entra neste recurso interactivo que ofrece El País sobre os refuxiados de Siria, África e América Latina, escolle, un continente e enfróntate ao drama das persoas desprazadas forzosamente dos seus lugares de vida. Deberás escoller rápidamente entre as opcións posibles para salvar a túa vida e a dos teus seres queridos.
-
Descarga este mapa no teu equipo.
Elabora un cadro cos territorios dese continente colonizados por estados europeos e polo Xapón meiji.
-
Le este artigo con atención e resposta correctamente as cuestións propostas aplicando o aprendido nas sesións presenciais.
-
-
Descarga no teu equipo os mapas de Europa, da fronte francesa e dos Balcáns que ofrecemos neste cartafol.
Permitiranche localizar mellor aos contendentes e a evolución da grande guerra de 1914_18.
-
7. O periodo de entreguerras: fascismos, recesión económica e causas da Segunda Guerra Mundial (febreiro de 2025)
Highlighted-
Descarga os materiais deste cartafol no teu equipo. Analízaos de vagar e, despois, elabora un texto expositivo argumentando cales eran os movementos e ideoloxías que determinaron a evolución política de Europa occidental na primeira posguerra mundial aos ollos dun intelectual católico e conservador como eran Vicente Risco.
-
Descarga os materiais deste cartafol no teu equipo. Analízaos de vagar e, despois, elabora un texto expositivo no que respostes argumentativamente as seguintes cuestións:
1ª. Describe as características do programa e dos obxectivos políticos manifestados de D. Trump.
2ª. Describe os principais apoios económicos e ideolóxicos que recibiu.
3. Compara ambos factores (discurso e apoios) cos do NSDAP de Adolfo Hitler cando gañou as eleccións en Alemania en 1933.
-
Descarga este material de consulta no teu equipo para resolver as tarefas propostas así como as dúbidas a carón do tema que poidan xurdir.
-
8. A maior traxedia da Humanidade: as consecuencias da Segunda Guerra Mundial (1ª quincena marzo 2025)
-
Descarga este arquivo no teu equipo para traballar con el nas sesións presenciais seguindo as instrucións da persoa docente.
-
Descarga este arquivo no teu equipo e activa o son para entenderes mellor a evolución militar do conflito en Europa entre setembro de 1939 e o verán de 1945.
-
Descarga no teu equipo o artigo que xuntamos. Lee con atención o seu contido e, despois, elabora:
1º. Un mapa conceptual no que describas as características do pensamento político de W. Churchill e a importancia da súa actuación política.
2º. Un texto reflexivo sobre as as consecuencias do seu liderazgo para Gran Bretaña e para a Europa da época.
-
Descarga este cartafol. Escolle unha desas mulleres e investiga sobre Irena Sendler,Lee Miller ou Mercedes Núñez Targa seguindo as instrucións da persoa docente
-
Descarga esta práctica e resolve a tarefa proposta.
-
Utiliza o contido dos documentos que fornece este cartafol para elaborar un texto expositivo no que describas as características desa experiencia traumática nesas fábricas de morte e as consecuencias da mesma.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas partindo da lectura e análise reflexiva dos documentos que se fornecen e do visionado da película A Lista de Schindler realizado en grupo o 27 de xaneiro de 2025
-
Descarga esta práctica e resólvea como se indica.
-
Descarga no teu equipo ás páxinas escolleitas do libro que se ofrece neste cartafol. Lee con atención o contido das mesmas e, despois, elabora un texto argumentativo no que describas:
1º. As características das persoas ás que se adxudicou a denominación de desprazados, depotados e refuxiados: diferenzas cos migrantes económicos.
2º. Os grupos humanos desprazados pola guerra e as causas desa mobilidade forzosa, mediante unha táboa comparativa.
2º. A reubicación deses colectivos desprazados como consecuencia da guerra.
-
Descarga no teu equipo os materiais que xuntamos neste cartafol. Analiza con atención o seu contido e, despois, elabora un texto expositivo no que utilices eses datos para argumentar si están rexurdindo os discursos fascistas no mundo actual.
-
-
9. España contemporánea (I): da formación do Estado Liberal de Dereito ata a sublevación militar e fascista contra a Segunda República (maio de 2025)
-
Descarga no teu equipo os materiais deste cartafol, analiza o seu contido e utilízao para respostar no teu caderno as seguintes cuestións:
1ª. Elabora un mapa conceptual que recolla a argumentación deses dous expertos sobre a importancia que tivo Afonso Daniel Rodríguez Castelao no movemento nacionalista galego que levou á consecución de deputados do Partido Galeguista e da ORGA nas Cortes republicanas e á aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía (1936).
2º. Que lexitimidade política e que funcións tivo o Consello de Galiza no exilio.
3º. Partindo da viñeta sobre Castelao, pescuda as razóns debatidas recentemente no Parlamento autonómico de Galicia para recoñecer a A. Daniel R. Castelao como primeiro presidente da nosa nacionalidade histórica.
-
10. Mulleres que "fixeron historia" na sociedade que viviron: Semana Santa e 1ª quincena de abril de 2025
-
Descarga estas dúas prácticas no teu equipo e responde correctamente as cuestións propostas en cada unha delas.
-
Escolle unha destas dúas tarefas optativas e responde correctamente ás cuestións propostas
-
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol. Despois realiza as seguintes actividades:
1ª. Elabora un cadro ou táboa cos datos persoais desas señoras e as actividades que desenvolveron ao longo das súas vidas.
2ª. Pregunta as túas avoas e procura información sobre señoras maiores que realizaran esas mesmas actividades ou outras na túa contorna espacial e social.
3º. Utiliza toda esa información para elaborar unhas conclusións sobre a pluriactividade, o emprendemento e a centralidade das mulleres nos proxectos de vida das súas familias.
-
As mulleres desenvolveron diferentes actividades produtivas nos peiraos, nos almacéns de salga e nas fábricas de conserva, que resultaron fundamentais para a expansión do sector e a competitividade das sáus producións como ten demostrado a profesora Luisa Muñoz Abelendo (USC) nas pescudas e sucesivas publicacións resultado das mesmas
-
Elabora un texto expositivo sobre a experiencia vivida por Mercedes Núñez como resistente antifascista na España aferrollada pola ditadura franquista e fronte a ocupación nazi de Francia
-
-
11. España aferrollada baixo a ditadura franquista: represión, exilio, fame e mercado negro... desarrollismo e tardofranquismo
-
Descarga no teu equipo o informe que xuntamos neste cartafol e utiliza esta información para elaborar un mapa conceptual sobre as causas, as características e as consecuencias da guerra civil.
-
Visiona na seguinte ligazón a película documental Flores tristes dirixida por Teo Abad sobre a represión perpetrada polos franquistas na retagarda galega durante a guerra civil e a posguerra.
Despois, elabora un informe sinalando as cuestións e asuntos que che resultaran máis sorprendentes por novidosos e descoñecidos (para vos) ou impactantes.
-
Analiza os documentos que presentamos neste cartafol e nos materiais que o seguen. Despois:
1º. Aplica a definición de xenocidio ás diferentes modalidades de represión física (legal e paralegal), administrativa, económica, xudicial e social aplicada polos sublevados contra a Segunda República durante a guerra civil e na posguerra da ditadura franquista.
2º. Argumenta si hai evidencias dun xenocidio político perpetrado polo bando franquista e compárao coas diferentes formas de violencia practicadas no territorio republicano durante a guerra: Paracuellos del Jarama, terror vermello contra bens e persoas da Igrexa e de sectores conservadores da sociedade española da época, etc.
-
O territorio galego foi, ademáis de despensa de alimentos e soldados par os exércitos dos militares sublevados contra a Segunda República, un espazo no que estableceron campos de concentración para os presos políticos e os prisioneiros traídos dende outras rexións españolas.
A illa de San Simón converteuse nun deses espazos de reclusión e morte, ben estudados dende comezos deste século por diversas persoas expertas, mais existiron outros moitos en mosteiros (Celanova, e Oseira), antios almacéns de salga etc.
Descarga no teu equipo a información deste cartafol. Analízaa de vagar e elabora un texto expositivo sobre as características deses campos de concentración en Galicia.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta as cuestións propostas partindo da lectura reflexiva do documento que se xunta.
-
Descarga no teu equipo este artigo do xornalista Iván Fdez. Amil sobre os experimentos euxenésicos desenvolvidos polo psiquiatra franquista Antonio Vallejo Nájera. Lee con atención o seu contido e despois realiza correctamente as seguintes tarefas:
1ª. Elabora un mapa conceptual cos obxectivos dos experimentos que desenvolveu e as consecuencias dos mesmos.
2º. Contextualiza esas prácticas no pensamento pseudocientífico (euxenesia) e fascista da época.
3º. Elabora un texto expositivo sobre o carácter deses prácticas e os límites éticos da ciencia aplicando os contidos aprendidos nas sesións de Filosofía e nas de Hª Contemporánea.
-
Utiliza toda a información que ofrecemos e debiches consultar para elaborar un mapa conceptual sobre as características e as consecuencias das diversas modalidades de represión perpetradas polos franquistas durante a guerra e a posguerra.
-
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol.
Despois entras nos códigos QR das numeradas como 1. Memoria da represión franquista... e doutras dúas numeracións (catro imaxes en total) que ti escollas. Escoitas con atención ese testemuño e elaboras un mapa conceptual ou cadro / táboa no que recollas as causas, as características e as consecuencias da represión perpetrada polos victimarios fascistas contra esas persoas. Debes describir:
1. O perfil por sexo, idade, actividade profesional, estado civil e militancia sindical ou política das vítimas desa represión.
2. O tipo de represión que padeceu:
- Física con resultado de torturas, paseo, fusilamento despois de xuizo ou cadea en prisión ou en campos de traballo forzado.
- Administrativa: depuración de cargo ou emprego público, multa e incautación de bens, cadea.
3. As consecuencias para as vítimas e as súas familias, incluíndo as experiencias traumáticas do exilio e os campos de refuxiados en Francia.
4. Argumenta si esas modalidades de represión perpetradas polos sublevados franquistas na retagarda se poden caracterízar como crime de guerra ou xenocidio político aplicando a lexislación internacional xenerada despois da Primeira Guerra Mundial.
-
Lee con atención o informe que xuntamos e elabora un mapa conceptual sobre as características do exilio republicano e as consecuencias do mesmo para as persoas que o padeceron e para a loita contra as potencias fascistas durante a Segunda Guerra Mundial
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga no teu equipo esta tarefa e resólvea como se require.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
Descarga no teu equipo os materiais deste cartafol. Despois elabora un texto argumentativo explicando:
1º. As características ideolóxicas da ditadura franquista.
2º. Os apoios sociais e políticos que tivo durante a guerra civil e a posguerra.
3. A súa evolución ideolóxica para adaptarse ao contexto político internacional durante a Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría.
-
Elabora un mapa conceptual sobre as os apoios, obxectivos e vítimas da ditadura franquista partindo da información das entrevistas a Julián Casanova, catedrático de Historia da U. de Zaragoza e autor da máis recente biografía de Franco, sobre as características do ditador e do réxime que estableceu, e as manipulacións da historia que fan asociacións revisionistas como a Fundación Francisco Franco ou a Plataforma 2025 que publicou o manifesto "ni olvidamos ni callamos" facendo apoloxía da ditadura franquista pese á Lei de Memoria Democrática.
-
Elabora un mapa conceptual sobre os obxectivos e as consecuencias da Autarquía imposta polo goberno franquista en 1940 partindo das imaxes que xuntamos neste cartafol e dos contidos traballados nas sesións presenciais.
-
Descarga este documento no teu equipo e resposta correctamente as cuestións propostas como tarefa.
-
-
Lee con atención os artigos deste cartafol. Elabora un mapa conceptual coa ideas que expoñen. Despois aplica a definición de R. Lemkin para argumentar si a intervención das forzas armadas israelís en Gaza pode caracterizarse como crime de guerra ou como práctica xenocida.
-
Descarga este informe no teu equipo e traballa coa información que se xunta como se indica repostando correctamente ás cuestións requeridas.
-
Descarga este informe e consúltao con atención para saber máis sobre os conflitos bélicos e as súas consecuencias para a poboación da antiga Xugoslavia
-
Visiona a seguinte secuencia sobre unha
da pelicula Savior.Identifica aos grupos contendentes e procura información sobre as causas, o desenvolvemento e as consecuencias desa guerra.
-
Analiza a información que ofrecen os sitios virtuais de El Debate, El Español, o Facebook ou a canle
sobre a acción militar que realizou o grupo de cascos azuis españois liderados polo tnte. Monterde. Contasta os datos de cada fonte e elabora un mapa conceptual sobre:1. As causas e o contexto desa acción militar.
2. As cacacterísticas e as consecuencias da mesma para os actores implicados.
Argumenta que farías ti se estiveses na situación deses cascos azuis españois.
-
-
Descarga no teu equipo os materiais deste cartafol, analízaos de vagar e resposta as seguintes cuestións utilizando correctamente a información desas fontes:
1ª. Rusia ocupou os territorios que pretendía ao comezo da guerra?
2º. Que beneficios acadaron Gran Bretaña e, nomeadamente, os Estados Unidos?
3º V. Zelenski e os seus partidarios acadaron os obxectivos que arelaban cando Rusia invadiu Ucraina?
-
Descarga no teu equipo os documentos que xuntamos neste cartafol. Analiza detidamente o seu contido e utiliza correctamente a información que fornecen para elaborar un mapa conceptual coas causas, as caracteristicas e as consecuencias deses crimes de guerra e contra a humanidade.
