Identidades nacionais confrontadas nun Estado Liberal en crise e recoñecidas na democracia republicana
Descarga no teu equipo os materiais deste cartafol, analiza o seu contido e utilízao para respostar no teu caderno as seguintes cuestións:
1ª. Elabora un mapa conceptual que recolla a argumentación deses dous expertos sobre a importancia que tivo Afonso Daniel Rodríguez Castelao no movemento nacionalista galego que levou á consecución de deputados do Partido Galeguista e da ORGA nas Cortes republicanas e á aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía (1936).
2º. Que lexitimidade política e que funcións tivo o Consello de Galiza no exilio.
3º. Partindo da viñeta sobre Castelao, pescuda as razóns debatidas recentemente no Parlamento autonómico de Galicia para recoñecer a A. Daniel R. Castelao como primeiro presidente da nosa nacionalidade histórica.