Diario de aula 4º 25-26
Section outline
-
-
Mércores, 29 de abril de 2026
C Sociais. Podedes facer de novo a proba do Tema 5 en Aula Virtual C Sociais. Todos sabedes o resultado que obtivestes pola mañá, pero ese resultado pode mellorar grazas ao apartado de "Busca de información" que tamén conta na nota. A semana próxima (venres) repetiremos o exame de provincias, comunidades autónomas e o de países e capitais europeas (este último será oral e voluntario). Mañá podedes traer xa algún dos vosos experimentos aínda que o informe o entreguedes máis tarde e imos valorando na clase como facelo.
Galego: Escritos en folio con plantilla. O primeiro escrito será unha noticia (redactada en 3º persoa) sobre "Amabul e as plantas invasoras". O segundo escrito será sobre a obra de teatro "O misterio do cadro desaparecido" para os actores e actrices que actuaron, e será en formato diario. Os que non participaron na obra de teatro, escribirán unha páxina de diario contando o que fixemos na horta. Estudade ben a canción dos maios. Mañá a actuación será no Salón Peña.
Matemáticas: Liveworksheets sobre poliedros e corpos redondos. Podedes envialos a rosafielpas@yahoo.es. A semana próxima faremos a proba das unidades 9 e 10.
English: Exercises
NOTA: Mañá traede o libro de C. da Natureza. Mañá tendes que entregar cubertos os impresos cos datos requeridos para a Avaliación de Diagnóstico.
Luns, 27 de abril de 2026
Matemáticas. Resolve as operacións básicas imaxinando o enunciado do problema que poderían resolver. Páxinas 208-209, 212-213: Estudar o vocabulario do tema e observar a semellanza e diferenza entre calquera corpo xeométrico que vos presenten.
Castelán: Revisa a reseña do teu libro favorito. Mañá terás que lela na clase. Asegúrate de que a les con corrección ou corrixe, se procede, os erros que poidas atopar.
C Sociais. Completa a proba que levaches o venres. Mañá correxirédela na clase.
-




