Inserir vídeo
O procedemento para inserir un vídeo nunha páxina Notebook vai depender do formato no que estea:
1.Se está en flv só teremos que arrastralo ata á zona de traballo.
Abre unha páxina nova na actividade instrumentos_musicais, vai ao Meu contido, ao cartafol instrumentos e a continuación na parte inferior Contidos Interactivos e multimedia. Preme no Vídeo instrumentos_tradicionais.flv e arrástrao a zona de traballo.
O vídeo está listo para ser empregado. Fíxate que podemos realizar con el as mesmas operacións que con outro obxecto en canto a xiralo, clonalo, copialo ou modificar o tamaño.
Adáptalle o tamaño e teclea un título como por exemplo "Instrumentos tradicionais galegos"
Vídeo resumo:
2.No caso de que o vídeo estea en MPEG ou AVI Notebbok non nos vai permitir engadilo á galería, teremos que colocalo como un adxunto.
Crea unha páxina en branco na actividade instrumentos_musicais, preme sobre a pestana Anexos, pulsa sobre o botón Inserir e no cadro de diálogo escolle Inserir copia de ficheiro. Poderías escoller a opción Inserir acceso directo ao ficheiro pero deste xeito o vídeo só funcionaría no equipo onde estás a traballar. Se insires unha copia o vídeo cargarase coa actividade e poderás visualizalo en outros equipos.
Neste intre do proceso de creación da actividade o resultado da operación vai depender do ordenador no que esteamos a traballar:
2.1.Portátil de aula Abalar: se arrastramos o vídeo en mpeg desde Anexos, na barra lateral esquerda,o propio programa o vai converter a un formato que poida interpretar e vainos aparecer como un obxecto de páxina igual que no caso do vídeo flv.
2.2.Outros equipos. No caso de ordenadores que non sexan Abalar, cando arrastremos o vídeo á zona de traballo aparecerános unha imaxe que vai funcionar como ligazón para poder reproducilo.
Vídeo resumo: