Animación de Obxectos
Notebook permítenos sinxelas animacións dos obxectos que inserimos nas páxinas. Esas animacións pódennos servir como elementos dunha narración ou mesmo como parte dunha validación dos resultados.
Crea unha nova páxina en branco na actividade instrumentos_musicais e arrastra cara a zona de traballo as imaxes do teu contido clarintete.jpeg, tambor.jpg e gaita.jpg. Bloquea clarinete.jpeg e gaita.jpeg.
Selecciona
tambor.jpeg e a continuación preme sobre a pestana Propiedades. En Animación de obxecto escolle como tipo Voar cara fóra, escolle a Velocidade e a Dirección.
No campo Prodúcese escolleremos Cando se faga clic no obxecto. A outra opción é que se o obxecto se anime cando entre a páxina pero neste caso non nos vai interesar.
A opción Repítese neste caso tamén a deixaremos con ningún.
Escolleremos a imaxe tambor.jpeg para o un bloqueo que permita moverse e as outras imaxes un bloqueo total.
Presentaremos a actividade da seguinte maneira: Preme sobre a imaxe do instrumento musical que non é de vento. Cando ao alumno faga clic sobre o tambor este desaparecerá da pantalla.
Podes comprobar o funcionamento da actividade para facer os cambios e axustes que consideres oportunos. Para que a imaxe que desapareceu volva á pantalla debes ir a páxina anterior e entrar nesta de novo.