Inserir texto

1.Abre Notebook, tés na pantalla unha nova actividade que de momento non ten nome e que contén unha nova páxina en branco.

2.Imos empezar creando a páxina que fará de portada da nosa actividade e que conterá un título. Crea unha páxina nova indo ao menú Inserir>Páxina nova.

Escolle a ferramenta texto na barra de botóns e elixe a tipoloxía que nun principio vas empregar. Esto poderás modificalo en calquera momento.

Agora o punteiro colleu a forma dun cursor, se colocas en calquera parte da zona de traballo e premes o botón esquerdo do rato, aparecerache un campo de texto resaltado cun pequeno editor na súa parte superior e co cursor parpadeando. É o momento de teclear o título: INSTRUMENTOS MUSICAIS

 

Unha vez escrito o texto podemos modificarlle o aspecto co editor que temos na parte superior. A mecánica vai ser a mesma que en calquera procesador de textos: primeiro seleccionamos e logo dámoslle o formato que queremos.

 

 

 

 

Neste caso escolleremos un tipo de letra Arial, un tamaño de 36, unha cor negra. Logo centraremos ese texto.  

 

 

Podemos modificar a disposición dese texto cambiando o tamaño do cadro, para eso colocaremos o cursor sobre un dos

dous pequenos círculos que se atopan nos laterais do cadro e arrastraremos ata acadar a forma que nos queremos.

Cando rematemos premeremos co botón esquerdo en calquera parte en branco da zona de traballo para validar o que vimos de facer.

Se tés que corrixir ou cambiar algo no texto, debes facer dobre clic sobre el e voltarás ao cadro anterior.

Se prememos unha vez sobre el aparécenos os botóns de edición de obxecto.

 

Colocando o punteiro sobre o círculo verde podemos xirar o texto.

Colocando sobre o círculo branco poderemos aumentar ou diminuír o seu tamaño.

Premendo sobre a frecha despregarásenos un menú no que imos poder introducir distintos elementos.

 

 

Estas tres posbiilidades que nos ofrece o texto unha vez validado, vánnolas ofrecer todos os obxectos que arrastremos á páxina e o seu comportamento vai ser moi similar.

Cando remates de darlle forma ao texto vai ao menú arquivo/gardar como  e garda o ficheiro co nome intrumentos_musicais.