Crear actividades cos LAT 2.0 III
Insire unha nova páxina en branco, vai á pestana Galería , LAT 2.0. > Actividades >Clasificación por categoría-Texto. Escolle na parte inferior unha cor para a actividade e arrástraa á zona de traballo.
Esta actividade e as anteriores son de clasificar texto ou imaxes. O seu funcionamento é moi similar, trátase de clasificar as imaxes ou os textos en dous grupos segundo os criterios que nos decidamos, neste caso faremos un grupo de instrumentos de vento e outro de corda.
Preme no botón Editar, escribe Instrumentos de vento como etiqueta do vórtice 1 e instrumentos de corda como etiqueta do vórtice 2.
A continuación escribe clarinete na etiqueta 1 e escolle no despregable da dereita Instrumentos de vento. Fai o mesmo para guitarra, violín e saxofón. Se estás a traballar nun portátil de aula Abalar é probable que teñas problemas cos acentos.
Marca a casiña da parte superior dereita Gire para darlle maior vistosidade á actividade.
Bloquéaa, escribe un texto coas instruccións para o alumnado e garda os cambios.