Crear o noso tema
Podemos Crear e personalizar os nosos fondos se non queremos usar os que nos aporta Notebook.
Vai ao menú Formato>Temas>Crear tema, aparéceche un páxina en branco co nome Personalizado por defecto. Cambia o nome por instrumentos. Se fás dobre clic sobre o estilo de texto do tema vas poder editar e modificar o estilo. Escolle Arial Black, vermello e tamaño 16.
Vai ao menú Formato>Fondo e escolle unha cor sólida de fondo ou un degradado.
Preme Gardar na parte inferior dereita.
Podes axudarte da seguinte animación.
Se vás á pestana Galería>O meu contido>Fondos de páxina atoparás o tema que ves de crear.
Preme na pestana clasificador de páxinas e selecciona a primeira páxina do grupo 2.
Vai de novo á galería e aplícalle o tema que ves de crear a todo o grupo 2.
Comproba que efectivamente modificou os fondos e os textos.
Garda os cambios.
Lembra que podes aplicar un fondo a unha soa páxina se vas ao menú Formato>Fondo.
Aplícalle o fondo que queiras da maneira que mellor che pareza ás páxinas do grupo3.